


O noso alumnado de 4º pasou a xornada de hoxe de excursión . Estiveron en Sotavento para afondar no coñecemento das enerxías renovables, reflexionar sobre a necesidade do aforro e a eficiencia enerxética e descubrir avances tecnolóxicos.
Tamén aproveitaron para facer unha visita á casa do mel , onde teñen como obxectivo a divulgación e a sensibilización co mundo das abellas .
Aquí quedan as imaxes para a lembranza ÁLBUM FOTOS