viernes, 27 de marzo de 2015

DÍA DOS XOGOS POPULARES

Chegou a fin do trimestre e , como vén sendo xa habitual , celebramos o "Día dos xogos populares e bocata saudable " . Na saída ao recreo , todo o alumnado , formando grupos-aula ou pequenas pandillas , comeu un bocata acompañado de auga . Namentres , un grupiño anunciaba polo patio que chegaba o momento dos xogos .Antes de todo isto , as mamás moi colaboradoras prepararon a merendola no comedor .
Nun circuíto de 17 estacións distribuídas polo patio , tod@s os nen@s disfrutaron da variedade e riqueza duns xogos que permiten disfrutar, aprender, compartir e valorar . Seguro que repetiremos!

miércoles, 18 de marzo de 2015

Día da árbore e a auga

Coa chegada da primavera , celebramos o " Día da árbore e a auga " . Sempre é necesario recordar a importancia destes bens imprescindibles para a vida . No presente curso estamos a elaborar mensaxes dentro dunha gota de auga e outras relativas ás árbores . As mensaxes teñen diferentes tipoloxías textuais : poéticas, informativas, consellos, enigmas, adiviñas, e ademais ( neste ano adicado ás Matemáticas na Biblioteca) conteñen moitas Matemáticas . Cos traballos , nos que participan as diferentes aulas do Colexio , formamos unha fraga sobre a que foron aparecendo grandes nubeiros que amenazan con descargar moita chuvia sobre o terreo . Tamén , como agasallo da Diputación , os alumn@s recibirán mañá un libro . Co lote de exemplares enviados formouse unha xigante gota de auga que estivo presente durante toda a semana na entrada do edificio .

VII EDICIÓN DOS XOGOS POPULARES

O vindeiro venres, 27 de marzo

jueves, 12 de marzo de 2015

Preparando vindeiras celebracións

Todo preparado para as próximas celebracións :

1- Semana da auga e da árbore 



A nosa carreta recicladora visteuse para a campaña de sensibilización  do coidado das árbores e do bo uso da auga . Durante o recreo , alumn@s de 5º recorreron o patio , con anuncios alusivos ao consumo da auga e as virtudes das árbores. Tamén mostraban o cartel que nos mandou a Diputación de Lugo , xunto cun fermoso agasallo en forma de libros " DAMA DE AUGA " .







  Na vindeira semana , colocaremos un inmenso mural , no que participan todas as titorías,  e que vai amosar un bosque de árbores ( con fermosas mensaxes) e a chuvia caendo sobre el e formada por grandes pingas de auga , tamén con mensaxes, consellos, poemas , etc...
   Por outra banda , colocaranse os libros formando unha gota  xigante ata que chegue o momento de que este agasallo sexa recollido por cada alumn@ para levar para a casa.


2- Xornada de xogos populares

  Na última semana do trimestre , como vén sendo habitual , celebraremos a VII edición dos Xogos Populares , e os nenos e nenas xa están practicando e poñendo a punto as súas habilidades para pasalo en grande .












viernes, 6 de marzo de 2015

O xogo da froita fresca

O alumnado de 6º , pasada a primeira semana de reparto de froita do presente curso , elaborou un xogo de adiviñas . Empregáronse as aulas ABALAR para facelo e foi un traballo de búsqueda documental , elaboración dun "ROSCO" da froita e libriño de adiviñas . Foron convidados a xogar todos os alumn@s de 1º, 2º , 3º, e 4º niveis. A medida que se len as pistas , o alumnado convidado tentaba adiviñar de que froita se trataba e podía comprobar o resultado na pizarra dixital.