miércoles, 29 de marzo de 2017

A Primavera no horto escolar

Recollemos os froitos que naceron no invernadoiro e fixemos plantacións no horto escolar . Agora ... a medrar
E pincha AQUÍ

lunes, 20 de marzo de 2017

CONCURSO DE DEBUXO " A NAI TRABALLADORA"

Con motivo da celebración do" Día da muller " algúns escolares do noso centro participaron nun concurso de debuxo , organizado polo Concello de Viveiro , cuio obxectivo foi poñer en valor a importancia da muller . Resultaron premiados catro alumnos , pero é que ademais puidemos ver unha exposición chea de creatividade e que reflexaba artísticamente os sentimentos e as emocións que experimentan os nenos e nenas cando se paran a pensar no labor que fan as súas nais , dentro e fóra do fogar.

viernes, 10 de marzo de 2017

Xornada no Monte San Roque

O alumnado de 5º participou hoxe nunha xornada de reforestación no Monte San Roque da nosa localidade, convidados pola asociación casco histórico de Viveiro . Unha fórmula para aprender da natureza e gozar do seu contacto e ademais contribuír na sensibilización do coidado do Medio . Estiveron axudados por técnicos que ofreceron explicacións sobre as tarefas a desenvolver.

As nosas sementes empezan a xerminar

Coa mellora das temperaturas as nosas sementes empezan a xerminar e nós empezamos a traballar nas fichas de Matemáticas , sinalando nas bandexas virtuais as fraccións ou facendo cálculos de superficies , entre outras actividades.