viernes, 11 de diciembre de 2015

San Silvestre

4ª carreira San Silvestre on PhotoPeach Coa chegada do Nadal , celebramos a 4ª carreira San Silvestre : preparamos un circuíto que rematou nunha rampla desde a que se entraba xa en liña de meta. Participou toda a comunidade educativa :os nenos e nenas dos diferentes cursos e os mestres/as e pais /nais que o quixeron facer . Tamén nos acompañaron os alumnos/as de 4 anos do Colexio San Roque . Unha mañá saudable na que, ademais do exercicio físico , se practicaron valores como compañerismo, alegría , participación , traballo en grupo , etc. ENTREGA DE PREMIOS SAN SILVESTRE on PhotoPeach Diferentes grupos participantes facendo un posado on PhotoPeach

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Coñezo mellor o mar

No marco das actividades programadas, baixo o lema: " Un mar de cultura, os nenos e o mar " , por A Mariña- Ortegal , empezaron coas excursións os nenos e nenas de 3º nivel , visitando a veciña localidade de Cariño para aprender na cetárea e nunha fábrica de conservas " la Pureza" . Didáctica e moi proveitosa actividade.
Se queres ver máis pincha AQUÍ Despois dunha semana na que o alumnado de 3º,4º e 6º levaron a cabo diferentes visitas para achegarse ao mundo do mar , hoxe tocou o turno de 5º . De novo , foi a cetárea A Balandra e a conserveira "La Pureza" quenes nos acolleron nas súas instalacións para dar a coñecer a actividade diaria que nelas se realiza. Os nenos e nenas tiveron ocasión de ver as diferentes fases do proceso de transformación e envasado do peixe , a maquinaria que se emprega e mesmo degustar algunha conserva. Na cetárea aprenderon como son as crías dun lubrigante , a diferenza entre un centolo macho e unha centola femia , canto tempo tardan en criarse , ... e moitas outras curiosidades. Tamén houbo un pequeno descanso para xogar e repoñer enerxía .
Se queres ver máis, pincha AQUÍ Enlaces de interese que recollen as visitas : http://www.maremasma.com/blog/?p=736 http://www.maremasma.com/blog/?p=718 http://www.maremasma.com/blog/?p=669 http://www.maremasma.com/blog/?p=654

viernes, 12 de junio de 2015

III Mercado ecolóxico

Onte ,durante a mañá , celebrouse o Mercado ecolóxico . Un proxecto moi interdisciplinar , que axuda a desenvolver as competencias e no que se aproveita o traballo feito no horto escolar ao longo do curso . O mercado constitúe un forma lúdica de aprender antes, despois e durante a súa celebración . Houbo moitos postos de hortalizas e verduras; pero tamén houbo obradoiros ( de cociña, semiado, pulseiras, barro, maquillaxe e xoguetes de madeira) e animacións de música e danza. Moitos alumn@s viñeron vestidos para a ocasión . Tamén a biblioteca tivo presenza mostrando algunhas das edicións propias .Nesta actividade participa e colabora toda a comunidade educativa :mestr@s, alumn@s e pais/nais. Ao remate , sorteáronse moitos produtos .

lunes, 8 de junio de 2015

III Mercado ecolóxico

Xa vén sendo habitual no mes de xuño celebrar no Colexio un mercado ecolóxico . Recollemos produtos do horto e do xardín e montamos o mercado .Os produtos que se expoñen , logo sortéanse entre os asistentes. Hoxe pola mañá , uns nen@s de 1º , vestidos para a ocasión , repartiron polas aulas vales para recoller pan e froita e unhas rifas para participar no sorteo .

Coido o medio

O pasado venres , 5 de xuño , participamos nunha xornada a favor do coidado de praias e do medio litoral en xeral. Convidados polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro , desprazámonos ata a praia de Covas e alí recibimos unha interesante lección por parte de Andrés , o práctico do porto , e tamén recollemos un montón de lixo , co obxecto de sensibilizar e concienciar á sociedade da importancia de manter a limpeza na praia.

martes, 2 de junio de 2015

Explora Coruña

O alumnado de 2º e 4º recibiu hoxe unha visita especial : Hércules e María Pita . Da man deles , recorreron virtualmente os museos de A Coruña e ata participaron dun obradoiro no que fixeron un bonito imán para o frigorífico .

martes, 19 de mayo de 2015

A nosa árbore de froitas

Os nen@s de 1º A presentan a árbore da froita , que nos agasalla cada día da semana cunha especie diferente e , nestas datas de Letras Galegas , como homenaxe a Filgueira Valverde , relatan O pomar .

Filgueira Valverde e a froita from Bibliolois on Vimeo.

O alumnado de 1º B , anima a comer froita e tamén a xogar cunhas adiviñas .

Adiviña coa árbore da froitaAVI from Bibliolois on Vimeo.

Facemos pareados na nosa árbore from Bibliolois on Vimeo.

martes, 12 de mayo de 2015

O Camiño : De Triacastela a Samos

Como vén sendo habitual nos derradeiros cursos , fixemos unha etapa de O Camiño . É unha experiencia de vida saudable , de convivencia entre toda a comunidade educativa , de disfrute da natureza e , todo combinado, con exercicio e bos hábitos.

martes, 5 de mayo de 2015

Lugo emprende

Magnífica exposición , cargada de reflexións que achegaron aos nenos os conceptos de emprendedor , boa idea , innovación , inventos,... e unha importante conclusión : Do día a día, surxen as ideas . 
Como remate da actividade , todos os nenos formaron grupos e xogaron a ser emprendedores buscando solucións innovadoras a problemas da vida cotiá . 




jueves, 16 de abril de 2015

II semana de reparto de froita

Coincidindo coa II semana de reparto de froita, o Centro organizou unha conferencia sobre a Boa alimentación. A encargada deste acto  foi a nai dunha alumna , a Dra. Celsa Pérez , especialista en Alergoloxía . 
Foron invitados todos os mestres /as, pais/nais e alumn@s . De maneira moi clara , tivemos oportunidade novamente de aprender e concienciarnos da importancia do tema para a nosa saúde. Moitas grazas pola colaboración .


viernes, 27 de marzo de 2015

DÍA DOS XOGOS POPULARES

Chegou a fin do trimestre e , como vén sendo xa habitual , celebramos o "Día dos xogos populares e bocata saudable " . Na saída ao recreo , todo o alumnado , formando grupos-aula ou pequenas pandillas , comeu un bocata acompañado de auga . Namentres , un grupiño anunciaba polo patio que chegaba o momento dos xogos .Antes de todo isto , as mamás moi colaboradoras prepararon a merendola no comedor .
Nun circuíto de 17 estacións distribuídas polo patio , tod@s os nen@s disfrutaron da variedade e riqueza duns xogos que permiten disfrutar, aprender, compartir e valorar . Seguro que repetiremos!

miércoles, 18 de marzo de 2015

Día da árbore e a auga

Coa chegada da primavera , celebramos o " Día da árbore e a auga " . Sempre é necesario recordar a importancia destes bens imprescindibles para a vida . No presente curso estamos a elaborar mensaxes dentro dunha gota de auga e outras relativas ás árbores . As mensaxes teñen diferentes tipoloxías textuais : poéticas, informativas, consellos, enigmas, adiviñas, e ademais ( neste ano adicado ás Matemáticas na Biblioteca) conteñen moitas Matemáticas . Cos traballos , nos que participan as diferentes aulas do Colexio , formamos unha fraga sobre a que foron aparecendo grandes nubeiros que amenazan con descargar moita chuvia sobre o terreo . Tamén , como agasallo da Diputación , os alumn@s recibirán mañá un libro . Co lote de exemplares enviados formouse unha xigante gota de auga que estivo presente durante toda a semana na entrada do edificio .