miércoles, 22 de febrero de 2017

A SEMENTEIRA

Estamos poñendo o invernadoiro a punto e preparando as sementes , coas que despois encheremos a nosa horta de produtos.
IMAXES

viernes, 17 de febrero de 2017

O NOSO HORTO COBRA VIDA

Ás portas do remate do inverno, a actividade no horto e no xardín  empeza a rexurdir . Os nenos de 5º aproveitaron para plantar unhas  roseiras  .
A sementeira de diferentes produtos hortícolas xa se está a facerse  en bandexas que se poñen no invernadorio para logo poder transplantar .




jueves, 9 de febrero de 2017

Semana da froita- febreiro

Semana de froita , recreo saudable , actividade  de sensibilización a favor dunha alimentación sana. Cada aula de 5º e 6º recibiu a un grupo dos máis pequenos de 1º e 2º . Así , presentaron esta nova campaña , facendo uso do traballo elaborado por eles mesmos e experimentando unha vez máis coas súas habilidades para a expresión oral, a exposición de contidos, o achegamento aos compañeiros , etc. Antes de despedirse , os maiores agasallaron aos pequenos cun mini- caderno de actividades, unha pegatina e un puzzle . Actividades que eles mesmos diseñaron coa axuda das novas  tecnoloxías.



E chegou a froita . Comemos algo de todo : mazá, mandarina, plátano, piña e pera .  Os alumnos /as encárganse de subila ás aulas e , á hora do recreo , baixan cada un coa súa peza,  para comela no patio .