martes, 24 de junio de 2014

O xardín meteorolóxico

Un espazo pata tomar datos , observar o ceo , controlar o reloxo de sol e despois , de volta na clase, transformar eses datos en produtos académicos . Diferentes aulas fixeron estes seguimentos en distintos meses do curso . Aquí queda unha pequena mostra do traballo realizado.

martes, 17 de junio de 2014

Aprendemos coa Policía Local

Outra das actividades desta derradeira semana é a visita da policía local . Todo o alumnado do primeiro ciclo tivo a ocasión de descubrir no patio do colexio o parque móbil da Policía , o seu funcionamento , como é un carnet de policía e ... sobre todo bos consellos para ser mellor cidadáns e cidadás.

Rematando o curso

Chegamos ao final , unha vez máis temos que despedir ao alumnado de 6º e recibir , dentro de moi pouco, ao de 1º ; pero antes un montón de actividades na derradeira semana deste curso . O pasado luns viñeron os nen@s de San Roque que , nunha xornada de convivencia , coñeceron as dependencias do Colexio , compartiron xogos co alumnado de 1º ciclo e tamén os invitamos a comer uns amorodos do noso horto .Aquí quedan algunhas imaxes. Visita dos nen@s de San Roque on PhotoPeach

jueves, 12 de junio de 2014

Actividades de aula

E , despois do mercado, ... actividades na aula

II Mercado ecolóxico

máis actividades. obradoiros e sorteo on PhotoPeach Animación no mercado on PhotoPeach

miércoles, 11 de junio de 2014

II Mercado Ecolóxico Lois Tobío

Hoxe chegou o día para a celebración desta actividade tan lúdica e tan didáctica . Desde a entrada ao cole pola mañá , o patio xa estivo animado : un grupo de nen@s ofreceron un pasa-rúas arredor do patio con gaita, tambores, bombo , acordeón e outros instrumentos . Máis tarde, sobre as 11.30 , todos os alumn@s e mestres saímos a visitar este mercado tan peculiar , tan noso e tan ecolóxico . Houbo algo de todo :
- obradoiros de barro e pequenos xoguetes de madeira
- posto de exposición de libros editados na biblioteca e outros para sortear
- exposición dos produtos do horto , verduras e hortalizas
- plantas aromáticas no cole
- sementes
- "  Miragres da natureza " , unha exposición que explicaba o proceso de elaboración do pan , desde a espiga ás fariñas de diferente variedade e ao pan xa preparado para comer .
- Tamén houbo dous despachos , un de froita ( coincidindo coa última semana de reparto ) e outro onde se deu a todos e todas unha pulga de pan .
Moitos mestres , alumn@s e pais / nais ataviados para a ocasión e soteo de lotes dos produtos en exposición .
Tampouco faltou a música , novamente os escolares máis maiores e os máis pequenos ; uns coa música tradicional de Galicia e os pequerrechos coas danzas .
Moito traballo nas aulas para poder facer esto fóra e agora van tocar novas aplicacións didácticas para plasmar o aprendido por observación e experimentación .
Quedan moitas imaxes para o recordo .

martes, 10 de junio de 2014

II MERCADO ECOLÓXICO

Unha nova actividade ( e xa van moitas ) está a punto de celebrarse , será mañá mércores 11 de xuño . O noso mercado é o resultado dun montón de tarefas feitas ao longo do curso, incluidas na programación do noso proxecto interdisciplinar , e que teñen como punto de partida o horto escolar . Despois do traballo desenvolvido nel , chega a hora de recoller . Cos produtos montamos un mercado no patio . Contamos con postos moi variados : - libros ( porque tamén queremos alimentar a mente ) - plantas e sementes - verduras / hortalizas - plantas aromáticas / flores - miragres da natureza : o pan - xogos tradicionais Un actividade na que se traballan contidos de Lingua, Coñecemento do Medio , Matemáticas , etc ... Por suposto que axuda a desenvolver as competencias básicas e traballa valores e contidos transversais . O mercado conta , por outra banda , con animación musical : un grupo de 5º que interpretarán temas tradicionais de Galicia e uns grupos de 1º bailarán diferentes danzas. Haberá tamén dous pequenos obradoiros ofrecidos por dous mestres do Colexio : un de barro e outro de xoguetes de madeira . Algunha imaxe de preparación : Ao remate faremos un sorteo de todos os produtos .