jueves, 21 de diciembre de 2017

Cabalgata de Nadal 2017

Chegamos ao remate deste primeiro trimestre e saímos en cabalgata para recibir aos Reis, que este ano foron transportados nun vehículo descapotable . No desfile contamos con carrilanas, xogos populares, cintas, cariocas, malabares , música , ... No patio esperaban os nenos de 3º e 4º que agasallaron ás súas maxestades con panxoliñas e danzas e , unha vez que remataron as actuacións , os nenos de 6º leron o pregón de Nadal .A continuación , sentados nos seus tronos, recibiron a todos os alumnos e alumnas do Colexio para escoitar os seus desexos , ver as cartas que escribiron e déronnos a todos un calendario e un bocadillo de chocolate. Podedes ver un momento do paso da cabalgata polo paseo marítimo :

Cabalgata 2017 from Bibliolois on Vimeo.

álbum fotos

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VI San Silvestre Lois Tobío

Chega a VI San Silvestre Lois Tobío Unha mañá intensa de carreiras, emocións, amizade e comunidade .
IMAXES PARA O RECORDO

viernes, 24 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día internacional contra a violencia de xénero

 Como cada 25 de novembro , alzamos a voz para denunciar as condutas violentas, os abusos e as agresións de todo tipo . Albergamos a esperanza de que a educación logre garantir a igualdade de trato e combater a discriminación. As nosas actividades neste día foron :

 MÚSICA POLA IGUALDADE 



 Xunto co EEI San Roque, centro de Infantil adscrito ao noso, o coro interpretou un concerto pola igualdade . Un feito que constitúe un verdadeiro apadriñamento musical, cheo de sensibilidade e afecto por parte duns nenos e nenas que maioritariamente pasaron a súa etapa de Infantil alí e hoxe visitan o Colexio con agarimo ; ao mesmo tempo os futuros alumnos /as van tomando contacto coa realidade de Primaria.
E xa de volta no Colexio , concentrámonos todos no pavillón portando murais, pancartas , lemas ,... para expresar o noso desexo de erradicar a violencia .
PICA para ver máis

lunes, 6 de noviembre de 2017

Excursión de 5º

Visita ás Catedrais, Sargadelos e San Cibrao ( Museo do mar)
Pincha para ver álbum completo

miércoles, 25 de octubre de 2017

Excursión de 6º

Novo curso e unha chea de actividades programadas. O lote de excursións inaugurárono os alumnos/as de 6º que estiveron onte polos límites da Terra Cha . Aquí queda o seu álbum fotográfico. Pincha

miércoles, 5 de julio de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

Ponlle as pilas ao teu bocata

Un ano máis participamos nesta campaña de sensibilización da alimentación saudable , que pon de manifesto a importancia do consumo dos produtos do mar e da horta . Un obradoiro no que aprendemos a preparar un bocata exquisito con produtos moi nutritivos.

Excursión a Belelle

O alumnado de 1º e 2º estivo en Belelle . Unha importante experiencia en contacto coa natureza

lunes, 5 de junio de 2017

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Achegámonos á praia de Covas na celebración do Día Mundial dos Océanos para lembrarlle ao mundo a importancia que teñen e as consecuencias que a actividade humana pode ter sobre eles. Distribuídos por grupos , de maneira simbólica, fíxose unha recollida de lixo na praia para descubrir que tipo de lixo aparece e non debería estar aí . Rematamos cuns consellos, unhas reflexións e unha danza mariñeira.

miércoles, 31 de mayo de 2017

En kayak polo Sor

Unha nova actividade lúdica e saudable, de convivencia e aprendizaxe . ÁLBUM

martes, 23 de mayo de 2017

EU=QUE TI

Baixo este lema traballaron ao longo do curso , en diferentes semanas, con todos os grupos do Colexio , a Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais de Viveiro . Verdadeiras leccións de convivencia e valores cívicos e sociais. Trátase de sensibilizar e potenciar a actividade dos nenos e da xuventude na construción dunha sociedade mellor. 






viernes, 21 de abril de 2017

Seguimos aprendendo da natureza e na natureza

Unha mañá de primavera na que saímos a coidar o horto .

viernes, 7 de abril de 2017

XOGOS POPULARES 2017

Está mañá tivo lugar unha nova edición do" Día dos xogos populares " . Trátase dunha xornada de convivencia lúdica , na que todo o alumnado sae ao patio e , a través dun circuíto de 17 estacións, vai facendo un percorrido participando nos distintos xogos que van aparecendo : xogos para pensar, de puntería, de equilibrios, de velocidade, de coordinación , , ... que poñen en práctica diferentes habilidades e destrezas . Tamén compartimos un recreo saudable comendo un bocata de xamón e queixo , acompañado da bebida máis refrescante (auga). Podedes ver algunha imaxe e , á volta de vacacións , teremos máis.

lunes, 3 de abril de 2017

II semana da frotia



Continuamos creando hábitos saudables , repartindo a froita no recreo e facendo actividades de aula que reforcen ao alumnado na creación de rutinas de alimentación correctas.