lunes, 19 de diciembre de 2016

V SAN SILVESTRE LOIS TOBÍO

Entre as actividades programadas para Nadal , hoxe celebramos a V San Silvestre . Cun longo percorrido polo patio do centro , pasando por un túnel e chegando á rampa de meta. Foi, ademais dun exercicio saudable, unha práctica solidaria , xa que se recabaron voluntariamente fondos para Save Children . RECAUDACIÓN TOTAL PARA A FUNDACIÓN SAVE THE CHILDREN (ingreso en Banco Santander ) = 565€ Grazas pola colaboración

jueves, 8 de diciembre de 2016

VISITA A CECUMAR - RIBADEO

Da man do programa " Os nenos e o mar " visitamos Cecumar en Ribadeo . Observamos a ría e fixemos diferentes avistamentos aos tipos de embarcacións e outras curiosidades da ría do Eo . Dentro das instalacións do Cecumar descubrimos moitos cultivos mariños . Antes da nosa visita , no Colexio , tivemos a oportunidade de aprender moitas das cousas que despois vimos en situ . Foi a través dunha charla - presentación . PICA aquí E VERÁS AS FOTOS

viernes, 11 de noviembre de 2016

Coñecendo o mar

Para entender mellor o entorno, visitamos o museo do mar na veciña localidade de San Cibrao , participando no Programa Un mar de culturas . os nenos e o mar.

museo do mar by Slidely Slideshow

viernes, 4 de noviembre de 2016

TEMPO DE OUTONO


TEMPO DE CORES

Se picas na imaxe , poderás ver fotos da exposición da que están a disfrutar os nenos de primeiro e segundo .
A fraga coas súas cores : verdes, amarelas, vermellas, alaranxadas,...
Os froitos típicos: castañas, noces, figos, cogomelos, kiwis, peras, mazás,...
Os animais : o raposo , os caracois que aproveitan os últimos raios do Sol . 
Un mundo para aprender.

viernes, 21 de octubre de 2016

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

De novo hoxe , a patrulla dos arroases visitan o noso Colexio . Encárganse,  con divertidas explicacións , lúdicos materiais e metodoloxía participativa , de mostrar aos nosos alumnos os poderes do peixe , as súas aportacións nutritivas e os efectos beneficiosos na saúde. 
Acompañounos a nosa intérprete Belén para poder comprendelos tamén a través da linguaxe de signos. 
Grazas pola axuda. 


Pica para ver máis fotos

miércoles, 22 de junio de 2016

IV MERCADO ECOLÓXICO

O noso proxecto de alimentación saudable e algo de historia remata hoxe cunha última tarefa : o noso mercado .
Moitas actividades das realizadas ao longo do ano : os cultivos e coidados no horto , o estudo da produción , elaboración , transformación e aproveitamento dos alimentos , os oficios relacionados , a importancia da auga, a reciclaxe ,...transfórmanse hoxe nun produto educativo .
 Todo o patio se convirte nun enorme mercado no que:
     - damos saída a nosa colleita - 
     - tamén mostramos o que aprendemos sobre diferentes alimentos, 
     - ensinamos aspectos lúdicos que aparecen neste tipo de eventos,facendo animación musical e festiva
    - facemos obradoiros artesanais , 
    - volvemos a vista á historia para facelo máis atractivo e aprender dos oficios que xa case están en desuso 
   - as mamás , de maneira moi xenerosa , encárganse dos obradoiros de cociña 


Toda a comunidade arredor dunha actuación colectiva , chea de aprendizaxes significativas. 





MERCADO
PICA EN MERCADO 






obradoiro de zocas
OBRADOIRO ACEITE- PAN
ÁLBUM OBRADOIRO DE COCIÑA
ÁLBUM OBRADOIROS DE PULSEIRAS, MAQUILLAXE E BARRO
ÁLBUM ASPECTO XERAL, PRODUTOS DO HORTO E ANIMACIÓN

miércoles, 8 de junio de 2016

Día dos océanos

Diferentes grupos de alumnos e mestres participaron hoxe na praia dunha campaña de concienciación a favor do coidado do mar e da limpeza dos areais

Ao mesmo tempo e , xa que estamos na IV semana de reparto de froita, aproveitamos para comer o plátano sentadiños no paseo . Combinamos pois diferentes actuacións en prol do coidado do corpo e do medio.

 Recolleron lixo en bolsas para que nos mentalicemos todos da necesidade de non tirar desperdicios nin na auga nin na area porque todo queda aí .

 Tamén debuxaron sobre o areal un lema : COIDA O MAR . E , por último , puxeron un toque festivo á xornada interpretando música galega e danzas típicas.

Se picas na foto, verás máis imaxes

Día dos océanos

Visita guiada ao horto escolar

Esta mañá o alumnado de 2º levou a cabo unha visita guiada polo horto . Actividade interdisciplinar que plantexa un amplo número de obxectivos : -aumento do vocabulario -busca da información -reelaboración da mesma -mellora da expresión e comunicación lingüística -posta en escea : " vou ser guía por un día " -capacidade de observación ,... para ver imaxes , PICA

martes, 7 de junio de 2016

Belelle - contacto coa natureza

Unha nova actividade saudable foi a xornada de convivencia e aprendizaxe da que gozaron os alumnos de 2º nivel . Animais, natureza, obradoiros , alimentación ,...
Se queres ver imaxes, pica no álbum: álbum de fotos

viernes, 3 de junio de 2016

En kayak polo Sor

Xornada de convivencia, deporte e natureza . Todo moi saudable. En kayak polo Sor on PhotoPeach En kayak polo Sor on PhotoPeach

lunes, 30 de mayo de 2016

MEDRANDO NO HORTO

 Os nosos produtos medran e , coa chegada da primavera, os traballos de coidado intensifícanse . Hoxe fomos quitar malas herbas para que non impidan o crecemento dos pementos , aproveitándose do abono. 
 Tamén podamos un xeranio que nos medrou demasiado e aproveitamos os gallos para replantar no xardín meteorolóxico. 



viernes, 27 de mayo de 2016

BOCATA DE SAÚDE

Unha alimentación saudable ten o seu comezo na contorna . O alumnado de primeiro e segundo nivel disfrutaron hoxe dun bocata de saúde. 

Puideron comprobar como , ademais da froita ( á que xa están bastante acostumados no recreo porque levamos varios anos participando no programa de reparto de froita ) , a natureza agasállanos cun montón de froitos da horta e do mar . 

Con estos produtos fixemos hoxe o noso bocata , disfrutando dun extraordinario sabor e , ao mesmo tempo, incluíndo moitos e variados nutrintes na nosa dieta.

A nosa actividade empezou no horto escolar , recollendo as leitugas que comeríamos  máis tarde . Así descubrimos que o bo está cerca, conseguímolo cun pouco de esforzo e cariño . Tamén as conservas que ofrece o mar que nos baña  formaron parte da merendola.


lunes, 23 de mayo de 2016

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Obradoiro para aprender máis sobre o mar e as conservas , enmarcado no Plan Proxecta da Consellería . Xogamos con puzzles, fixemos de cámaras de televisión , descubrimos as vantaxes dun bocata saudable e ... 
O mellor é que  preparamos un bocata delicioso e comémolo.

jueves, 12 de mayo de 2016

MARIÑEIROS POR UN DÍA

Unha proposta lúdico-didáctica para afondar no coñecemento do mundo do mar . Estivemos na lonxa de Celeiro, no helipuerto e na cofradía . Tivemos oportunidade de coñecer e diferenciar artes de pesca, curiosidades do mundo do mar e dos peixes e outras moitas cousiñas... Ademais, no helipuerto, descubrimos dúas profesións apaixoantes , cheas de emoción : rescatador e piloto. 

jueves, 5 de mayo de 2016

Camiño de Santiago 2016

Unha etapa do camiño Norte para cumprimentar o noso proxecto interdisciplinar do presente curso :a historia da nosa contorna. Sempre co obxectivo principal de potenciar hábitos de saúde :exercicio, alimentación, convivencia, cultura,...

jueves, 21 de abril de 2016

Festa da árbore en Viveiro - 2016

Día da árbore en Viveiro 2016 on PhotoPeach Festa da árbore en Viveiro 2016 - 2 on PhotoPeach Na mañá de hoxe participamos na celebración da Festa da árbore. Foi un acto organizado polo Seminario de estudos "Terra de Viveiro" e o Concello, colaborando os colexios PEDROSA LATAS, LOIS TOBÍO e LANDRO. Este ano cúmprense os 104 anos da primeira celebración da festa da árbore na localidade. Entre os actos desenvolvidos houbo: charla educativa sobre as árbores e a súa importancia, plantacións, recitados de poemas alusivos, música tradicional galega e danzas . O Seminario repartiu dípticos e panfletos con información.

lunes, 18 de abril de 2016

UN HORTO PRIMAVERAL

   Os nenos e nenas das diferentes aulas, despois dun longo inverno, xa empezaron coas plantacións . Antes fíxose abono natural , reciclando restos de froita consumida nos recreos e céspede. Tamén no invernadoiro foron medrando algunhas sementes . Son agora as plantas novas as que van dar froitos nas distintas parcelas . Con eses e outros produtos intentaremos montar o noso tradicional mercado ecolóxico, aló polo mes de xuño. Cando imos á parcela , tamén aproveitamos para observar outros aspectos que dan testemuño da  chegada da primavera : vermes en busca de algo que levar á boca, brotes novas nas árbores, paxariños que nos alegran cantando .










Tamén nesta semana de novo voltou a froita ao cole , polo tanto nos recreos ....SAUDABLEMENTE , CON FROITA . 








Tamén fixemos unhas casetas para os paxariños . A ver se temos sorte e aniñan .

jueves, 31 de marzo de 2016

Auga e árbores

Para sensibilizar da importancia de coidar as árbores e de conservar as riquezas acuíferas celebramos , ao longo da última semana do trimestre pasado e desta primeira da terceira avaliación, unha serie de actividades: murais feitos cos libros cos que nos agasallou a Diputación de Lugo, mandalas da auga, plantacións e rotulación de árbores no patio, lecturas e obradoiros de escritura para achegar e profundizar no coñecemento destos bens. Finalmente cada alumno levou o libro - agasallo : " O castiñeiro dos desexos" " Érase unha vez un castiñeiro"

jueves, 17 de marzo de 2016

XOGOS POPULARES 2016

Ao remate do segundo trimestre , como vén sendo habitual , temos unha xornada de xogos tradicionais , complementada cun bocata saudable . Trátase de promover hábitos de exercicio, alimentación e recuperación e conservación das tradicións . Un patrimonio inmaterial que debemos conservar e transmitir. Xa están expostos os materiais que mañá saírán ao patio , formando un circuíto que percorreremos para levar a cabo unha actividade lúdica e didáctica , na que nenos, pais e mestres xogaremos con materiais sinxelos, de fabricación caseira , baixo custe e que ofrecen oportunidades para poñer en práctica diferentes habilidades motrices e mentais. Cada neno /a leva a súa pegatina para a promoción desta actividade saudable e lúdica . Realizada co deseño dunha alumna de 6º
DÍA DOS XOGOS on PhotoPeach Día dos xogos on PhotoPeach Día dos xogos on PhotoPeach

viernes, 4 de marzo de 2016

VELUTINA, un problema medioambiental

O incremento da presenza da vespa velutina constitúe un grave problema medioambiental . Responsables da Casa do mel ( Goente) estiveron hoxe connosco para informarnos do dano que causan estos insectos entre as abellas e tamén na froita do país. 
Con eles aprendemos moitas cousas das abellas , da polinización , do mel , da cera, ...








Necesitamos acabar coa vespa asiática que está a facer estragos .Queremos aportar a nosa colaboración .

E descubrimos que podemos facelo, ademais podemos facelo moi ben , case sen axuda e con materiais caseiros e de baixo custe. 

Saímos moi contentos coas aprendizaxes recibidas e sensibilizados para aportar algo a favor da conservación medioambiental.  







miércoles, 17 de febrero de 2016

II SEMANA DE REPARTO DE FROITA

Estamos na segunda semana de reparto e , acompañando ao consumo de froita no recreo , facemos unha chea de actividades:
 -Lectura do libro : " Os Bolechas fan unha merenda vexetal" . ( agasallo da Consellería )
 -Visualización dunha presentación audiovisual baseada no libro xa mencionado , con pequenas variantes e algunhas aportacións propias. Fixemos unha adaptación . -Díptico de actividades relativas ao aprendido na semana




viernes, 22 de enero de 2016

AS TRES R

Recordade a importancia de colaborar no coidado do medio . Axudaravos visualizar este video de Sogama .

viernes, 15 de enero de 2016

I SEMANA DA FROITA 2016


 VIDEO PRESENTACIÓN



Comeza o reparto de froita nos recreos do curso actual . Como sempre , vén acompañado de actividades para a promoción dun estilo de vida saudable. De momento, para esta primeira semana , o alumnado de 5º e 6º elaborou carteis-calendarios , que inclúen distinta información sobre as froitas que se repartirán . Tamén visitaron as aulas dos compañeiros de 1º,2º,3º e 4º , nas que deixaron cartel , fichas con actividades, pegatinas e deron unha breve explicación , a modo de publicidade. Outras actividades foron : - un carro anunciador polo patio - eu reciclo - as nosas árbores dan moita froita - carteis anunciadores - pequenas exposicións e traballos .
pica no ÁLBUM