jueves, 10 de mayo de 2018

De excursión por Chavín

O alumnado de 6º dedicou hoxe unha parte da mañá á observación directa da flora da contorna , visitando Chavín ( nos arredores de Viveiro) . Alí , da man das súas titoras e de Carlos Nuevo Cal , puideron ver e aprender un pouco máis sobre árbores, follas, herbas, o eucaliptal das árbores máis altas de Europa e outras curiosidades da natureza e descubrir o funcionamento da antiga central de Hidrofersa . Axudáronse da guía de campo elaborada no Colexio sobre árbores autóctonas .

miércoles, 9 de mayo de 2018

CAMIÑO DE SANTIAGO

Convivencia entre pais, nais, mestres, mestras e nenos e nenas. Unha ocasión para compartir . Bo camiño!
Símbolos , igrexas, pallozas, mosteiro, muíños , casas ....( pincha no álbum) ÁLBUM ARQUITECTURA NO CAMIÑO Camiñamos en dúas etapas : pola mañá, desde Triacastela a Samos e , pola tarde , desde Liñares ao Cebreiro . Sempre acompañados dunha natureza viva ,con árbores , ríos, montaña ,...

martes, 8 de mayo de 2018

Encontro con Ramón Blanco

Na súa breve estancia en Viveiro, visitounos o mestre dos sete cumes , D. Ramón Blanco . O seu maxisterio de vida deberá servir para que os nosos alumnos e alumnas manteñan sempre vivos os valores da ilusión , a perseverancia, o esforzo, a constancia,.. . Animounos á lectura ,contestou ás súas preguntas e curiosidades e fixo sencillas reflexións cheas de sabiduría . Recollemos dúas destas reflexións e con elas fixemos unha pegatina que levaron todos os nenos e nenas en recordo desta importante visita. " Vive el momento, lo demás es cuento" " Si lo intentas, haces más de lo que piensas "