viernes, 20 de diciembre de 2019

E chegou o Nadal

Para rematar o trimestre , hoxe a escola engalanouse e recibiu aos Reis . Todo o alumnado e profesorado se reuniu arredor destas tres figuras tradicionais que nos agasallaron ( como vén sendo habitual) cun bocata de chocolate e un calendario ( o noso calendario) , froito dun traballo documental que resume e feflicte o PDI deste curso : " Cidadáns na rúa ". Nun emotivo acto , o alumnado de sexto deu lectura ao pregón de Nadal e despois, os diferentes niveis cantaron panxoliñas , en homenaxe ás súas maxestades de Oriente.

martes, 19 de noviembre de 2019

Excursión de 3º

Neste outuno chuvioso buscamos a saída das aulas para seguir aprendendo ; así que nos fomos de excursión a Goente e As Pontes . Un día certamente moi húmido , pero cheo de boas experiencias . Na casa do mel aprendemos un montón sobre as abellas, a polinización, o estilo de vida, características de cada tipo de abella... ; por suposto tamén descubrimos as cualidades , colores e sabores dos distintos tipos de mel . 
Non menos proveitosa resultou a visita ao museo do xoguete , un espazo cheo de maxia infantil, de descubrementos, de reciclaxe, de tradicións , un espazo titulado" O comezo das cousas "e impulsado por Xosé Manuel Ribeira , quen nos recibiu cargado de cariño e paciencia.  
pequenos apicultores
e se queres ver o álbum completo pica ÁLBUM EXCURSIÓN 3º

jueves, 7 de noviembre de 2019

Saída didáctica polos arredores de A Mariña

O alumnado de 4º vén de facer unha saída lúdico-didáctica polos arredores da nosa comarca . Estiveron en Lourenzá , onde visitaron o Pazo Tovar ,unha fortaleza na que se alberga un centro de interpretación dos Pazos Galegos e outras exposicións relacionadas coa época medieval.Tamén , no mesmo espazo, visitaron o museo do xoguete. 
Continuaron o percorrido por terras de Alfoz , atopándose co castelo de Castro de Ouro. Arredor da torre de homenaxe , o profe Iván ,disfrazado de home medieval , levou a cabo unha serie de xogos nos que nenos e nenas foron transportados ata o medievo. 
Po último , visitaron a finca Galea , un espazo no que experimentar coa maxia da natureza e , en especial da auga. 

Para ver as fotos , pica no álbum POLOS ARREDORES DE A MARIÑA

miércoles, 30 de octubre de 2019

Polas fragas do Eume

O alumnado de 6ª e 5º estivo facendo unha ruta de sendeirismo por unha das fragas atlánticas mellor conservadas de Europa . A beleza das imaxes danos idea do interese do roteiro . Pola tarde , na casa do mel aprenderon moito sobre o traballo das abellas, o seu ciclo de vida,funcións de cada tipo de abella dentro da colmea , a importancia destes insectos na polinización , os distintos tipos de mel , a vestimenta do apicultor e aplicacións da cera . Unha xornada completísima e didáctica . 

para ver álbum, pincha Polas fragas do Eume

sábado, 25 de mayo de 2019

miércoles, 22 de mayo de 2019

Polo Sor , en kayak

De novo convivencia, exercicio, aventura, diversión, vida saudable ,...; xa na recta final do curso o alumnado de 5º e 6º estiivemos polo Sor e pola Ría do Barqueiro. Deixamos imaxes para o recordo. Pincha no : ÁLBUM

viernes, 12 de abril de 2019

DÍA DOS XOGOS POPULARES

É indiscutible a importancia do xogo como elemento educativo lúdico e como manual de convivencia . Trátase dunha actividade que posibilita a intervención educativa para conxugar unha aprendizaxe construtivo-creativa . Se ademais se trata de xogos populares , estamos afondando no coñecemento das nosas tradicións, das nosas raíces e , en definitiva , da nosa historia . De aí que xa temos como actividade instaurada a celebración do Día dos xogos populares, que vai xa pola XI edición . Deixamos aquí un ÁLBUM que recolle diferentes momentos do día e dos xogos . Pica para velo


E ademais sempre reivindicamos a importancia dunha alimentación saudable como complemento do xogo e o exercicio para conseguir unha mellor saúde; por iso compartimos , por grupos , un bocata saudable acompañado da necesaria bebida : auga .






martes, 26 de marzo de 2019

Semana da árbore e a auga

Estamos a festexar a chegada da primavera e con ela a semana da árbore e a auga . Todas as aulas traballan sobre a importancia das árbores, a necesidade da auga, o coidado do medio,... e todo isto empeza no horto escolar , onde ademais de empezar coas plantacións e preparación de parcelas , estanse a aplicar conceptos de Matemáticas, como son a medida, áreas, perímetros, eixes de coordenadas, e moitas outras cousas .