viernes, 31 de enero de 2020

I CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Baixo o lema " Cidadanía pola paz", onte celebramos a conmemoración da morte de Gandhi. 
Foron dous os actos que se levaron a cabo :
A I carreira solidaria pola paz , na que participaron os nenos e nenas do Colexio , distribuídos por niveis,  e que fixeron importantes e xenerosas aportacións de alimentos non perecedeiros para os máis necesitados .
A creación dun lema Cidadanía pola Paz , traballo cooperativo  entre as diferentes aulas. Tratamos, no día de onte, de darlle visibilidad e adquirir o compromiso da comunidade coas 80 palabras de paz que se foron construíndo a partir do lema e que nos van proporcionar un futuro mellor.Expresamos tamén o mesmo vocabulario en forma de pictogramas para facilitar a comprensión e favorecer a inclusión de todos e cada un dos presentes no noso centro.


Se queres ver máis imaxes , pica no álbum álbum da carreira

martes, 21 de enero de 2020

UNBOXING ALICE

O noso alumnado de 5º e 6º asistiu o pasado venres, 17 de xaneiro, en Burela, a unha obra de teatro en Inglés . O espectáculo , articulado a partir da participación do público , resultou unha experiencia práctica e divertida , que profundiza nos coñecementos e aprendizaxe de expresión na lingua inglesa.