viernes, 12 de junio de 2015

III Mercado ecolóxico

Onte ,durante a mañá , celebrouse o Mercado ecolóxico . Un proxecto moi interdisciplinar , que axuda a desenvolver as competencias e no que se aproveita o traballo feito no horto escolar ao longo do curso . O mercado constitúe un forma lúdica de aprender antes, despois e durante a súa celebración . Houbo moitos postos de hortalizas e verduras; pero tamén houbo obradoiros ( de cociña, semiado, pulseiras, barro, maquillaxe e xoguetes de madeira) e animacións de música e danza. Moitos alumn@s viñeron vestidos para a ocasión . Tamén a biblioteca tivo presenza mostrando algunhas das edicións propias .Nesta actividade participa e colabora toda a comunidade educativa :mestr@s, alumn@s e pais/nais. Ao remate , sorteáronse moitos produtos .

lunes, 8 de junio de 2015

III Mercado ecolóxico

Xa vén sendo habitual no mes de xuño celebrar no Colexio un mercado ecolóxico . Recollemos produtos do horto e do xardín e montamos o mercado .Os produtos que se expoñen , logo sortéanse entre os asistentes. Hoxe pola mañá , uns nen@s de 1º , vestidos para a ocasión , repartiron polas aulas vales para recoller pan e froita e unhas rifas para participar no sorteo .

Coido o medio

O pasado venres , 5 de xuño , participamos nunha xornada a favor do coidado de praias e do medio litoral en xeral. Convidados polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro , desprazámonos ata a praia de Covas e alí recibimos unha interesante lección por parte de Andrés , o práctico do porto , e tamén recollemos un montón de lixo , co obxecto de sensibilizar e concienciar á sociedade da importancia de manter a limpeza na praia.

martes, 2 de junio de 2015

Explora Coruña

O alumnado de 2º e 4º recibiu hoxe unha visita especial : Hércules e María Pita . Da man deles , recorreron virtualmente os museos de A Coruña e ata participaron dun obradoiro no que fixeron un bonito imán para o frigorífico .