martes, 19 de noviembre de 2019

Excursión de 3º

Neste outuno chuvioso buscamos a saída das aulas para seguir aprendendo ; así que nos fomos de excursión a Goente e As Pontes . Un día certamente moi húmido , pero cheo de boas experiencias . Na casa do mel aprendemos un montón sobre as abellas, a polinización, o estilo de vida, características de cada tipo de abella... ; por suposto tamén descubrimos as cualidades , colores e sabores dos distintos tipos de mel . 
Non menos proveitosa resultou a visita ao museo do xoguete , un espazo cheo de maxia infantil, de descubrementos, de reciclaxe, de tradicións , un espazo titulado" O comezo das cousas "e impulsado por Xosé Manuel Ribeira , quen nos recibiu cargado de cariño e paciencia.  
pequenos apicultores
e se queres ver o álbum completo pica ÁLBUM EXCURSIÓN 3º

jueves, 7 de noviembre de 2019

Saída didáctica polos arredores de A Mariña

O alumnado de 4º vén de facer unha saída lúdico-didáctica polos arredores da nosa comarca . Estiveron en Lourenzá , onde visitaron o Pazo Tovar ,unha fortaleza na que se alberga un centro de interpretación dos Pazos Galegos e outras exposicións relacionadas coa época medieval.Tamén , no mesmo espazo, visitaron o museo do xoguete. 
Continuaron o percorrido por terras de Alfoz , atopándose co castelo de Castro de Ouro. Arredor da torre de homenaxe , o profe Iván ,disfrazado de home medieval , levou a cabo unha serie de xogos nos que nenos e nenas foron transportados ata o medievo. 
Po último , visitaron a finca Galea , un espazo no que experimentar coa maxia da natureza e , en especial da auga. 

Para ver as fotos , pica no álbum POLOS ARREDORES DE A MARIÑA