viernes, 31 de enero de 2014

Mariñeiros por un día on PhotoPeach

MARIÑEIROS POR UN DÍA

Os nen@s de quinto participaron hoxe do programa Mariñeiros por un día, ofrecido pola Cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro . 
Visitaron as distintas instalacións relacionadas co mundo do mar e da pesca : lonxa, base de salvamento marítimo e Cofradía . 
Fixeron un percorrido pola lonxa , descubrindo entre outras cousas : 
- a forma de entrar as caixas de pescado na lonxa 
- a diferenza entre unha merluza do pincho ou do arrastre 
- outras clases de peixes e mariscos presentes na lonxa
- os viveiros 
- sala de xeo 
- pesado e etiquetado de caixas
- tren de lavado 
Na base de salvamento marítimo tiveron a portunidade non só de aprender senon tamén de experimentar novas sensacións :
- subiron ao helicóptero
- descubriron como se leva a cabo un labor de salvamento 
- que ferramentas e utensilios son imprescindibles 
- e o máis emocionante... viviron un simulacro de rescate 
Tamén na Cofradía seguiron aprendendo : 
-distintas artes e aparellos de pesca,
- a importancia de incluír o peixe nunha dieta saudable  
- as vestimentas típicas dos mariñeiros 
- un oficio relacionado intimamente co mundo do mar : as redeiras. 



viernes, 24 de enero de 2014

Máis vida ás nosas árbores

Unha nova práctica saudable é a que estamos levando a cabo durante esta semana no Colexio . Tivemos unha donación, por parte do Consorcio Centro Comercial de Viveiro, dalgúns abetos dos que adornaron a rúa no pasado Nadal . Os nen@s baixan ao patio para replantar estas árbores e que pasen a formar parte dos nos xardíns.

viernes, 10 de enero de 2014

Enquisas sobre hábitos saudables

Estas son as enquisas levadas a cabo entre o alumnado e as súas familias ao remate do curso pasado . Neste presente curso , co comezo de actividades en col do consumo de froita e outros hábitos , partiremos da valoración e revisión destas enquisas .

jueves, 9 de enero de 2014

II SAN SILVESTRE

Entre as múltiples actividades desenvolvidas na mañá do día 20 de decembro , como remate do 1º trimestre, levouse a cabo unha carreira na que participaron a totalidade de grupos de alumn@s , moitos mestres e algúns pais e nais . Un patio moi activo nunha mañá moi fría . O graderío atento , animando , celebrando , festexando . Houbo premios, medallas , aplausos,...e moitas emocións . Os mestres entraron xunt@s na meta e subiron ao podium a celebrar a victoria da participación conxunta da colectividade educativa.