viernes, 12 de diciembre de 2014

San Silvestre 2014

No marco do Plan Proxecta e organizado polo Departamento de Ed. Física , celebramos a carreira San Silvestre 2014 . Despois dun trimestre de moita actividade e un recoñecido esforzo por parte da organización e de todo o profesorado , hoxe disfrutamos dunha mañá festiva na que , ademais contamos coa participación de toda a comunidade educativa. O alumnado , distribuído por niveis , foron participando na carreira , seguindo o itinerario preseñalizado . Ao final , mestr@s e pais/nais fixemos o noso percorrido , rematando todos xuntos e collidos da man , co afán de simbolizar que así xuntos é como debemos camiñar na educación .Resultou unha actividade moi festiva na que a profe Rebeca non parou nin un instante de animar desde o micro a todos e todas ; incluso tivo tempo de incluir algunha entrevista .

miércoles, 3 de diciembre de 2014

RECICLA NO NADAL

O espíritu do reciclado trasládase ao Nadal e desde o Colexio , en colaboración coas familias, foméntase o uso de material reutilizado para construir fermosos nacementos que dan mostra da creatividade e orixinalidade do alumnado . 
Resultado desta iniciativa da aula de Relixión é esta exposición que xa se pode ver no centro e na que participaron moit@s alumn@s e as súas familias . Grazas e noraboa.

jueves, 20 de noviembre de 2014

A favor do Medio Ambiente

As aulas de 6º abriron as súas portas para compartir experiencias cos máis pequenos ( 1º e 2º) . A través dunha presentación que o alumnado fixo ,partindo das experiencias aprendidas nos obradoiros de SOGAMA , explicaron a Regra dos tres R aos compañeiros e mostraron algúns dos seus traballos feitos con materiais de reciclado.

Visita ao porto de Burela

Hoxe ,os nen@s de 4º foron de visita ao porto de Burela ., participando no programa UN MAR DE CULTURA .  Unha aprendizaxe diferente , activa e motivadora . Deixamos un enlace ao blog Mare Masma para que vexades a reportaxe tan bonita que vos adicaron.
APRENDENDO NO PORTO

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Seguimos aprendendo sobre a nosa saúde

Antes e despois do obradoiro de " Vivir en saúde no cole" , o alumnado aprende e traballa na aula , desenvolvendo competencias clave e desenrolando a creatividade , como a que se amosa nestas pegatinas e carteis dos nen@s máis pequerrechos , de 1º e 2º.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Vivir en saúde no cole

Durante a mañá de hoxe participamos nuns interesante obradoiros que nos axudan no desenvolvemento da necesaria aprendizaxe para coidar da nosa saúde . Nas mans de expertos formadores e realizado pola Fundación MAPFRE , en colaboración con Ciencia divertida , Galicia saudable e Deporte Galego ; identificamos que: -a combinación de exercicio e alimentación saudable é necesaria -cales son os ingredientes que debe conter un almorzo axeitado -coñecer a funcionalidade dos diferentes tipos de alimentos -identificar os prexuízos do consumo indebido de lambetadas , ....e OUTRAS COUSAS Imaxes para o recordo :



miércoles, 5 de noviembre de 2014

APRENDEMOS A RECICLAR

De novo contamos coa colaboración de SOGAMA para levar a cabo unha nova xornada de formación para mellorar o coidado do medio . Con nós estiveron uns monitores /as que amablemente e , de forma moi gráfica , nos ensinaron como separar ben os residuos e tamén a importancia de seguir as tres R . É misión de todos/as coñecer os perigos que conleva o depósito indebido do lixo e a importancia da conservación da natureza. Unha nova lección que agradecemos .

viernes, 24 de octubre de 2014

Excursión a Lugo 6º

O alumnado de 6º acaba de facer a súa primeira excursión do curso . Foi unha visita a Lugo , moi saudable para o corpo e a mente . Combinamos a aprendizaxe no Centro de interpretación Terras do Miño cunha camiñata polas  beiras  do Río Rato e do Río Miño e rematamos en Outeiro de Rei , na casa-museo de Manuel María .

lunes, 6 de octubre de 2014

Exposición da recollida de produtos do horto escolar

Moitos dos produtos que foron sementados na pasada primavera e que medraron durante o verán foron agora recollidos polo alumnado e expostos para toda a comunidade. Esta mostra é o punto de partida de actividades que conlevan o recoñecemento dos diferentes alimentos , estudo do vocabulario en español, galego e inglés , prácticas de pesado e expresión do mesmo en diferentes unidades , etc...

martes, 24 de junio de 2014

O xardín meteorolóxico

Un espazo pata tomar datos , observar o ceo , controlar o reloxo de sol e despois , de volta na clase, transformar eses datos en produtos académicos . Diferentes aulas fixeron estes seguimentos en distintos meses do curso . Aquí queda unha pequena mostra do traballo realizado.

martes, 17 de junio de 2014

Aprendemos coa Policía Local

Outra das actividades desta derradeira semana é a visita da policía local . Todo o alumnado do primeiro ciclo tivo a ocasión de descubrir no patio do colexio o parque móbil da Policía , o seu funcionamento , como é un carnet de policía e ... sobre todo bos consellos para ser mellor cidadáns e cidadás.

Rematando o curso

Chegamos ao final , unha vez máis temos que despedir ao alumnado de 6º e recibir , dentro de moi pouco, ao de 1º ; pero antes un montón de actividades na derradeira semana deste curso . O pasado luns viñeron os nen@s de San Roque que , nunha xornada de convivencia , coñeceron as dependencias do Colexio , compartiron xogos co alumnado de 1º ciclo e tamén os invitamos a comer uns amorodos do noso horto .Aquí quedan algunhas imaxes. Visita dos nen@s de San Roque on PhotoPeach

jueves, 12 de junio de 2014

Actividades de aula

E , despois do mercado, ... actividades na aula

II Mercado ecolóxico

máis actividades. obradoiros e sorteo on PhotoPeach Animación no mercado on PhotoPeach

miércoles, 11 de junio de 2014

II Mercado Ecolóxico Lois Tobío

Hoxe chegou o día para a celebración desta actividade tan lúdica e tan didáctica . Desde a entrada ao cole pola mañá , o patio xa estivo animado : un grupo de nen@s ofreceron un pasa-rúas arredor do patio con gaita, tambores, bombo , acordeón e outros instrumentos . Máis tarde, sobre as 11.30 , todos os alumn@s e mestres saímos a visitar este mercado tan peculiar , tan noso e tan ecolóxico . Houbo algo de todo :
- obradoiros de barro e pequenos xoguetes de madeira
- posto de exposición de libros editados na biblioteca e outros para sortear
- exposición dos produtos do horto , verduras e hortalizas
- plantas aromáticas no cole
- sementes
- "  Miragres da natureza " , unha exposición que explicaba o proceso de elaboración do pan , desde a espiga ás fariñas de diferente variedade e ao pan xa preparado para comer .
- Tamén houbo dous despachos , un de froita ( coincidindo coa última semana de reparto ) e outro onde se deu a todos e todas unha pulga de pan .
Moitos mestres , alumn@s e pais / nais ataviados para a ocasión e soteo de lotes dos produtos en exposición .
Tampouco faltou a música , novamente os escolares máis maiores e os máis pequenos ; uns coa música tradicional de Galicia e os pequerrechos coas danzas .
Moito traballo nas aulas para poder facer esto fóra e agora van tocar novas aplicacións didácticas para plasmar o aprendido por observación e experimentación .
Quedan moitas imaxes para o recordo .

martes, 10 de junio de 2014

II MERCADO ECOLÓXICO

Unha nova actividade ( e xa van moitas ) está a punto de celebrarse , será mañá mércores 11 de xuño . O noso mercado é o resultado dun montón de tarefas feitas ao longo do curso, incluidas na programación do noso proxecto interdisciplinar , e que teñen como punto de partida o horto escolar . Despois do traballo desenvolvido nel , chega a hora de recoller . Cos produtos montamos un mercado no patio . Contamos con postos moi variados : - libros ( porque tamén queremos alimentar a mente ) - plantas e sementes - verduras / hortalizas - plantas aromáticas / flores - miragres da natureza : o pan - xogos tradicionais Un actividade na que se traballan contidos de Lingua, Coñecemento do Medio , Matemáticas , etc ... Por suposto que axuda a desenvolver as competencias básicas e traballa valores e contidos transversais . O mercado conta , por outra banda , con animación musical : un grupo de 5º que interpretarán temas tradicionais de Galicia e uns grupos de 1º bailarán diferentes danzas. Haberá tamén dous pequenos obradoiros ofrecidos por dous mestres do Colexio : un de barro e outro de xoguetes de madeira . Algunha imaxe de preparación : Ao remate faremos un sorteo de todos os produtos .

jueves, 22 de mayo de 2014

Reparto de froita no punto de AliméntaT ben

Hoxe o reparto de froita levouse a cabo no punto de Aliméntate ben . O alumnado de 2º A encargouse de ir dando a froita a tod@s os compañeir@s . Eles moi contentos e con moita orde foron animando e entregando dous albaricoques a cada un . O mural creado aínda está sen rematar , pero a ilusión por estrear este espazo era xa moita. Reparto de froita en AliméntaT ben on PhotoPeach

martes, 20 de mayo de 2014

Aliménta T ben

Na parede do almacén do pavillón xa temos un punto de alimentación sana . O alumnado de 2º A e 5º B , con Carlos e Ángeles , construiron un fermoso mural que hoxe ( aínda sen rematar ) xa loce no Colexio. Sobre unhas figuras debuxadas en madeira, os nen@s , dirixidos e axudados polos seus mestres , deron colorido a diferentes alimentos : froitas, peixe, leite e bocata. Tamén construiron o lema do programa AliméntaT ben . É un dos traballos que tiñan previstos para este derradeiro trimestre . Outra forma de sensibilizar na importancia das prácticas saudables e construir unha alimentación moi artística. Pintando na aula

III Semana de reparto de froita

Comezou onte a III semana de reparto de froita . A primavera chegou cargada de saborosas froitas que fan os recreos máis alimenticios . Xa todos están esperando a froita de cada día , algúns porque lles gusta e outros porque queren probar. Hoxe tocoulle o turno á divertida cereixa . Chea de colorido encheu os cucuruchos que algúns fabricaron na aula para baixar comelas ao patio.

jueves, 15 de mayo de 2014

Merenda cun prato típico

Como non podía ser doutra maneira , ao remate do camiño, merendamos . Foi cun prato típico de Arzúa : o seu queixo . Así tamén aproveitamos para traballar os produtos con denominación de orixe .

Máis sobre o CAMIÑO

Unha froita na metade da mañá , axúdanos a continuar con forza. O noso alumnado , despois de tres anos repartindo froita na escola , está moi sensibilizado coa súa importancia . Á hora do xantar , tamén constatamos que os nosos nen@s saben moito dunha alimentación adecuada. Camiñantes a Santiago on PhotoPeach

miércoles, 14 de mayo de 2014

O camiño de Santiago Melide- Arzúa - curso 2013-2014

Facer a pé unha etapa do camiño de Santiago forma parte da nosa programación de actividades para o fomento de boas prácticas e hábitos saudables . A etapa do presente curso comezou en Melide e chegamos ata Arzúa . Entre os obxectivos que se plantexan están : - Comprender que manter o hábito de camiñar é moi recomendable - Contactar coa natureza , que mostra agora o seu esplendor primaveral - Observación directa de árbores e outras especies , tanto animais como vexetais - Apreciar a diversidade e riqueza do camiño e as xentes que por el se atopan . - Ver as diferentes manifestacións artísticas que hai todo ao longo do camiño , tanto en monumentos arquitectónicos , como outras máis pequenas : fontes, cruceiros, pazos , ... - Degustar algún prato típico e saudable propio da zona pola que pasamos , o queixo de Arzúa . Viaxamos en autobús de Viveiro ata Melide , pero antes ... un alto para descansar. Comezamos cun percorrdio arredor da igrexa de Santa María de Melide , escoitando as explicacións do mestre Carlos Nuevo sobre esta xoia arquitectónica do románico . A continuación empezamos a camiñar.

viernes, 9 de mayo de 2014

Para aprender máis sobre compostaxe

Traballando sobre o xardín meteorolóxico- Meteoescola

O alumnado de 3º A estivo durante todo o curso recollendo datos no xardín meteorolóxico para observación directa, transformación de datos, elaboración de gráficas e sacar conclusións vendo como inflúe a climatoloxía nos cultivos do horto escolar , no que participaron e particiàn activamente.

miércoles, 30 de abril de 2014

Álbum

Rematamos o álbum de froitos do mar e da Terra . O alumnado buscou información para os cromos e debuxou unhas pegatinas para a contraportada. Logo , a modo de caza-tesouros, fixemos formación de usuarios na biblioteca, e a recompensa ao remate da actividade foi conseguir o álbum e os cromos para a aula. Vemos o pegado dos mesmos .

viernes, 11 de abril de 2014

VI EDICIÓN DOS XOGOS POPULARES

Na última xornada escolar deste 2º trimestre celebramos unha festa tan saudable como o título do noso blog . A festa dos xogos populares , algo tan festivo e tan escolar , que nos axuda a medrar en saúde e en convivencia . Toda a comunidade educativa participou no patio , a través dun circuíto distribuído en 17 estacións , facendo un percorrido por: 1- malabares 2- a chiola 3- a porca 4- pato , pato , oca 5- as casiñas 6- a mariola 7- as pedras 8- a chave 9- zancos 10- al pavo, pavito 11- os pés quedos 12- palma corrida 13- equilibrios 14- aros 15- combas 16- puntería 17- a carrapucheiriña E ademais , complementamos o exercicio cunha correcta alimentación , grazas a colaboración da Anpa. VI Edición dos xogos populares on PhotoPeach mamás e profes preparando os bocatas para o recreo

jueves, 27 de marzo de 2014

Máis fotos do Día da árbore e da auga

Plantando e identificando árbores

Día da árbore e da auga

Celebramos esta data en colaboración coa Diputación de Lugo e o Distrito Forestal de Viveiro . O alumnado de 5º elaborou unha presentación con imaxes que eles mesmos obtiveron no patio do cole. Despois identificáronas e buscaron información . Por último reflexionaron e sacaron conclusións .Hoxe compartírona con todos os demais compañeiros do centro. Despois de ver a presentación ,a cada grupo entregáronselle dous bonitos carteis , que tamén elaboraron os alumn@s coas imaxes que eles mesmos obtiveron do seu traballo fóra da aula, para ir colocando os nomes ao pé de cada exemplar que tiñan que recoñecer. Por último , engadimos unha plantación de árbores ao noso entorno e cada alumno levou un fermoso libro , obsequio da Diputación para ler e traballar na aula e despois , xa na casa, compartilo en familia. Os libros e o loureiro foron agasallos da Diputación e moitísimas árbores foron agasalladas polo Distrito forestal de Viveiro , que ademais estiveron axundándonos na plantación.

viernes, 21 de marzo de 2014

Aprendo na biblio

Co alumnado de terceiro deron comezo as sesións de caza tesouros , nas que buscan información na biblioteca, a través de xogos de pistas e atopan como tesouro un álbum de froitos do mar e da horta e os correspondentes cromos para completalo.

martes, 18 de marzo de 2014

Anúnciase a primavera

Mentres preparamos a II semana de froita no Colexio , o noso patio anuncia a chegada da primavera e a figueira énchese de gromos que anticipan os figos da nova tempada.

jueves, 6 de marzo de 2014

Manifestación Por un colexio limpo

No ámbito das actuacións levadas a cabo no noso proxecto , o alumnado de 3º ciclo manifestouse no patio . Con consignas alusivas a importancia da limpeza, reciclaxe , etc; e interpretando unha canción popular con acompañamento de instrumentos . Quedan unhas imaxes en vídeo do que aconteceu .

Manifestación I POR UN COLEXIO LIMPO from Bibliolois on Vimeo.

Por un colexio limpo II from Bibliolois on Vimeo.

PERCORRENDO O PATIO from Bibliolois on Vimeo.

Rematando from Bibliolois on Vimeo.

viernes, 28 de febrero de 2014

Aproveitamos transformando

Outra actividade que se fixo en moitas das aulas do cole foi a transformación da froita sobrante en macedonia. Despois de rematada a I semana de reparto de froita , queda algunha peza sobrante porque case sempre falta algún alumno. Con iso fixemos unha macedonia que comeron e saborearon o luns seguinte . Tamén as brochetas estaban boísimas.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Telexornal Edición de tarde

Continuando coas actividades levadas a cabo no noso proxecto de alimentación , onte o alumnado de 6º presentou un telexornal no que nos contaron as últimas novidades que aconteceron no Centro .Ao remate do mesmo , un grupo de alumn@s cantaron a canción de moda que todo pode curar.

A canción de moda no cole from Bibliolois on Vimeo.

martes, 25 de febrero de 2014

Charla informativa

Esta mesma tarde contamos de novo na biblioteca coa colaboración especial do pai e a nai de dous alumn@s : Óscar Vizcaíno e Fernanda Martín . Foi todo un luxo escoitalos e aprender con eles interesantes leccións sobre o mar e os seus produtos , a evolución da acuicultura , como técnica de progreso fronte aos abusos da pesca . Da man deles puidemos aprender un montón de curiosidades sobre as distintas maneiras de conservar , empaquetar e facer chegar os produtos do mar ás nosas casas , sen perder un ápice de calidade. Por enriba agasalláronnos cunha abundante degustación de mariscos e pescados das nosas rías. Un montón de grazas. Aprendemos sobre acuicultura on PhotoPeach

Ponlle as pilas ao teu bocata

Dentro do Proxecto interdisciplinar de coidado do corpo e o medio , tócalle o turno ao peixe. Elaborouse nos pasados días unha exposición con abundante información sobre diferentes produtos do mar e a horta, tamén se crearon unha morea de conserveiras na escola . Son moitos os envases que aparecen perfectamente identificados e etiquetados , constituíndo un excelente traballo plástico e de Lingua. Hoxe o profesorado e alumnado do primeiro ciclo crearon un obradoiro de bocatas , no que tod@s comprobaron os excelentes sabores do peixe e a horta e aprenderon dos beneficios dos mesmos sobre a saúde. Chega a visita ao Colexio de todo o equipo de Ponlle as pilas ao teu bocata. Con eles seguiremos aprendendo e serán os do segundo e terceiro ciclos os que terán a oportunidade de saborear o resultado da mezcla do pan, peixe e produtos vexetais. Aquí quedan unhas imaxes