miércoles, 28 de enero de 2015

Aprendendo fóra do recinto escolar

Tamén son saudables as aprendizaxes que nos posibilita unha excursión . Aquí quedan imaxes da que onte fixemos e nos permitiu visitar os museos científicos de A Coruña. Saudable a ciencia que se pode descubrir e tamén importante a oportunidade de convivencia entre mestr@s e alumn@s fóra do entorno escolar. Pica no enlace , se queres ver algunha foto FOTOS EXCURSIÓN 

 

viernes, 23 de enero de 2015

Biodiversidade

O barco - muralla estivo esta semana no noso centro . Achegounos un audiovisual moi atractivo sobre a riqueza medioambiental da provincia de Lugo . Nesta iniciativa participaron todos os escolares do Colexio, unha forma máis de facer visible a importancia da natureza e sensibilizar ao alumnado do deber de coidar o medio para disfrutalo.

miércoles, 14 de enero de 2015

O sabor da aventura está no mar

Unha nova actividade na que participaron hoxe os escolares do noso centro que complementa o noso proxecto de alimentación . *pequena dramatización para poñer de manifesto a importancia de incluir o peixe na dieta *actividades lúdico-didácticas para a aprendizaxe e clasificación dos diferentes produtos que aparecen nun "mar figurado" *explicación e xogos sobre o coidado do mar e os problemas provocados polo lixo O sabor da aventura está no mar on PhotoPeach O sabor da aventura está no mar on PhotoPeach