viernes, 28 de febrero de 2014

Aproveitamos transformando

Outra actividade que se fixo en moitas das aulas do cole foi a transformación da froita sobrante en macedonia. Despois de rematada a I semana de reparto de froita , queda algunha peza sobrante porque case sempre falta algún alumno. Con iso fixemos unha macedonia que comeron e saborearon o luns seguinte . Tamén as brochetas estaban boísimas.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Telexornal Edición de tarde

Continuando coas actividades levadas a cabo no noso proxecto de alimentación , onte o alumnado de 6º presentou un telexornal no que nos contaron as últimas novidades que aconteceron no Centro .Ao remate do mesmo , un grupo de alumn@s cantaron a canción de moda que todo pode curar.

A canción de moda no cole from Bibliolois on Vimeo.

martes, 25 de febrero de 2014

Charla informativa

Esta mesma tarde contamos de novo na biblioteca coa colaboración especial do pai e a nai de dous alumn@s : Óscar Vizcaíno e Fernanda Martín . Foi todo un luxo escoitalos e aprender con eles interesantes leccións sobre o mar e os seus produtos , a evolución da acuicultura , como técnica de progreso fronte aos abusos da pesca . Da man deles puidemos aprender un montón de curiosidades sobre as distintas maneiras de conservar , empaquetar e facer chegar os produtos do mar ás nosas casas , sen perder un ápice de calidade. Por enriba agasalláronnos cunha abundante degustación de mariscos e pescados das nosas rías. Un montón de grazas. Aprendemos sobre acuicultura on PhotoPeach

Ponlle as pilas ao teu bocata

Dentro do Proxecto interdisciplinar de coidado do corpo e o medio , tócalle o turno ao peixe. Elaborouse nos pasados días unha exposición con abundante información sobre diferentes produtos do mar e a horta, tamén se crearon unha morea de conserveiras na escola . Son moitos os envases que aparecen perfectamente identificados e etiquetados , constituíndo un excelente traballo plástico e de Lingua. Hoxe o profesorado e alumnado do primeiro ciclo crearon un obradoiro de bocatas , no que tod@s comprobaron os excelentes sabores do peixe e a horta e aprenderon dos beneficios dos mesmos sobre a saúde. Chega a visita ao Colexio de todo o equipo de Ponlle as pilas ao teu bocata. Con eles seguiremos aprendendo e serán os do segundo e terceiro ciclos os que terán a oportunidade de saborear o resultado da mezcla do pan, peixe e produtos vexetais. Aquí quedan unhas imaxes

Semana do peixe

Exposición de produtos do mar e a horta As conserveiras en Celeiro, unha historia viva. Aprendemos a facer un bocata saudable e comémolo moi contentos.

viernes, 14 de febrero de 2014

lunes, 10 de febrero de 2014

A importancia da alimentación

Na biblioteca do cole vemos ao alumnado , mestres, pais e nais que voluntariamente asistiron ao encontro co doutor Hugo Bernardo que nos guiou polo mundo dos alimentos, a nutrición e a dietética , deixándonos sabios consellos para mellorar os nosos hábitos.

jueves, 6 de febrero de 2014

Continúan as visitas para compartir aprendizaxes

Seguen os nen@s do terceiro ciclo coa súa campaña de sensibilización ,animando aos máis pequenos a comer froita, agasallándoos con pegatinas, calendarios e presentando as vantaxes dunha comida saudable.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Aprendizaxes cooperativas

Estamos preparando a I semana de reparto de froita do curso 2013- 2014 . O alumnado do terceiro ciclo , coa axuda das novas tecnoloxías, fixeron calendarios de reparto , fichas de distintas materias , ... e empezaron xa a compartilas co alumnado de 1º e 2º ciclos.