sábado, 21 de marzo de 2020

Escribindo unha historia

Un alumno de 3º , Marcos Cabada , escribiu e ilustrou un bonito conto para sensibilizar sobre a importancia de protexer e coidar ao Medio . Está preparado para contar en kamishibai e compartilo nas aulas , cando poidamos volver a elas. Entre tanto, podedes velo en presentación .

martes, 10 de marzo de 2020

De excursión e ...aprendendo

O noso alumnado de 4º pasou a xornada de hoxe de excursión . Estiveron en Sotavento para afondar no coñecemento das enerxías renovables, reflexionar sobre a necesidade do aforro e a eficiencia enerxética e descubrir avances tecnolóxicos. Tamén aproveitaron para facer unha visita á casa do mel , onde teñen como obxectivo a divulgación e a sensibilización co mundo das abellas . Aquí quedan as imaxes para a lembranza ÁLBUM FOTOS

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS CO PLÁSTICO