lunes, 27 de abril de 2020

Un confinamento saudable

Unha chea de propostas lanzan os mestres de E. Física e vós seguides marabillosamente ben as tarefas ; proba delo son os vídeos que resumen a vosa saudable actividade.

sábado, 21 de marzo de 2020

Escribindo unha historia

Un alumno de 3º , Marcos Cabada , escribiu e ilustrou un bonito conto para sensibilizar sobre a importancia de protexer e coidar ao Medio . Está preparado para contar en kamishibai e compartilo nas aulas , cando poidamos volver a elas. Entre tanto, podedes velo en presentación .

martes, 10 de marzo de 2020

De excursión e ...aprendendo

O noso alumnado de 4º pasou a xornada de hoxe de excursión . Estiveron en Sotavento para afondar no coñecemento das enerxías renovables, reflexionar sobre a necesidade do aforro e a eficiencia enerxética e descubrir avances tecnolóxicos. Tamén aproveitaron para facer unha visita á casa do mel , onde teñen como obxectivo a divulgación e a sensibilización co mundo das abellas . Aquí quedan as imaxes para a lembranza ÁLBUM FOTOS

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS CO PLÁSTICO

viernes, 21 de febrero de 2020

Mariñeiros por un día - 6º

Trátase de achegar o mundo do mar e da pesca aos escolares . Así coñecen a lonxa, descobren o salvamento marítimo no heliporto de Celeiro onde ten base de operacións o Pesca 2 e , na cofradía, participan dun obradoiro de pesca e pescadores . Esta semana tocoulles a visita ao nenos e nenas de 6º .

martes, 18 de febrero de 2020

POR TERRAS DE OUTEIRO DE REI

Hoxe , nun novo intento por achegar ao noso alumnado á natureza , fixemos unha visita á Terra Cha, para aprender na Olaría de Bonxe e no Parque Ornitolóxico Avifauna. Os nenos e nenas profundizaron no coñecemento dun dos oficios tradicionais de Galicia ,os oleiros , e tamén aprenderon os diferentes tipos de utensilios e outros elementos que , desde a antigüidade , se fabricaban con barro e cales eran os seus usos. Máis tarde, en Avifauna ,sorprendéronse coa multitude de diferentes especies de aves que alí se atopan .
se queres ver o álbum , pincha

jueves, 13 de febrero de 2020

MARIÑEIROS POR UN DÍA

Trátase de achegar o mundo do mar e da pesca aos escolares . Así coñecen a lonxa, descobren o salvamento marítimo no heliporto de Celeiro onde ten base de operacións o Pesca 2 e , na cofradía, participan dun obradoiro de pesca e pescadores . Esta semana tocoulles a visita ao nenos e nenas de 5º .
ÁLBUM DE FOTOS VÍDEOS

viernes, 31 de enero de 2020

I CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Baixo o lema " Cidadanía pola paz", onte celebramos a conmemoración da morte de Gandhi. 
Foron dous os actos que se levaron a cabo :
A I carreira solidaria pola paz , na que participaron os nenos e nenas do Colexio , distribuídos por niveis,  e que fixeron importantes e xenerosas aportacións de alimentos non perecedeiros para os máis necesitados .
A creación dun lema Cidadanía pola Paz , traballo cooperativo  entre as diferentes aulas. Tratamos, no día de onte, de darlle visibilidad e adquirir o compromiso da comunidade coas 80 palabras de paz que se foron construíndo a partir do lema e que nos van proporcionar un futuro mellor.Expresamos tamén o mesmo vocabulario en forma de pictogramas para facilitar a comprensión e favorecer a inclusión de todos e cada un dos presentes no noso centro.


Se queres ver máis imaxes , pica no álbum álbum da carreira

martes, 21 de enero de 2020

UNBOXING ALICE

O noso alumnado de 5º e 6º asistiu o pasado venres, 17 de xaneiro, en Burela, a unha obra de teatro en Inglés . O espectáculo , articulado a partir da participación do público , resultou unha experiencia práctica e divertida , que profundiza nos coñecementos e aprendizaxe de expresión na lingua inglesa.