viernes, 23 de marzo de 2018

Día da árbore e a auga

Neste día no que resaltamos de maneira especial a importancia das árbores e a auga como elementos básicos e imprescindibles da natureza , foron varias as actividades levadas a cabo no noso Colexio : - Plantación de salgueiros e tuyas no noso patio , para enriquecer este entorno educativo do que podemos disfrutar cada día . Fixérono os alumnos e alumnas de 1º e 2º nivel. - Busca no patio dos pradairos , localización e sinalización con carteis ; tamén se encargaron oas nenos e nenas de 1º e 2º . - O alumnado de 5º estivo na Biblioteca elaborando unha árbore de libros , cunha parte dos exemplares chegados ao Centro por xentileza da Deputación e antes de que pasaran ás aulas e as casas onde van ser lidos polos alumnos , mestres e familias. - Hai outras dúas actividades que están en proceso debido á falta de tempo e que son : - Gincana polo patio para recoñecer e observar as diferentes especies árbóreas - Elaboración dunha guía de campo sobre as árbores autóctonas de Galicia , coa participación de todo o alumnado. 

 
Mellorando o entorno

( pica na lenda)

miércoles, 21 de marzo de 2018

Alumnado de 6º, de excursión en A Coruña

O alumnado de sexto estivo de excursión visitando o MUNCYT, castelo de San Antón e Monte de San Pedro . Aprender nas visitas a estes espazos é outra fórmula que contribúe á difusión da ciencia e do patrimonio científico e cultural . Para o recordo quedan estas imaxes

martes, 13 de marzo de 2018

Nenos e nenas de Primeiro e Segundo ,de excursión .



  Todo o alumnado de Primeiro e Segundo visitaron o heliporto de Celeiro e disfrutaron dunha xornada ao aire libre , na que conviviron, compartiron e aprenderon .