miércoles, 19 de diciembre de 2018

SAN SIVESTRE 2018

Outra das actividades programadas para desenvolver neste Nadal : A carreira San Silvestre chegou á VII edición , coa participación de toda a comunidade educativa .

martes, 6 de noviembre de 2018

Excursión a Lugo

O alumnado de 6º visitou hoxe a capital da provincia ; alí aprenderon nas instalacións do Progreso . Estiveron  moi atentos descubrindo como é a rotativa, o seu funcionamento e unha chea de curiosidades.
Máis tarde puideron  dar un breve paseo polo casco histórico da cidade e remataron  a  excursión en Outeiro de Rei , na casa-museo de Manuel María , onde tocou aprender e lembrar un pouco máis da vida e obra do poeta da Terra Cha.


lunes, 1 de octubre de 2018

Novo curso, novas actividades

Na busca dunha educación integral , tratamos de ofrecer ao noso alumnado un nutrido grupo de actividades complementarias e extraescolares que inciden directa ou indirectamente no currículo e que axudan a configurar cidadáns e cidadás do futuro . A nosa primeira actividade foi a visita á exposición Vivemar , que se desenvolveu en tres espazos diferenciados do noso Concello e achegou ao noso alumnado ao mundo do mar: Artes de pesca, na que viron de cerca e moi ben explicadas as diferentes artes pesqueiras ; Exposición fotográfica que mostraba diferentes lugares de Viveiro mirando a ese Cantábrico que nos baña e dá vida . En esta mostra de fotografías apreciamos a evolución dun pobo e comprobamos como o ser humano modifica a paisaxe. Por último, visitamos unha exposición de maquetas de barcos , na que nos explicaron unha chea de curiosidades e datos técnicos sobre os diferentes tipos de embarcacións, usos e outros detalles.

lunes, 18 de junio de 2018

MERCADO ECOLÓXICO 2018

  Cada curso, o mercado ecolóxico cobra vida no noso Centro e aparece como produto final dunha serie de tarefas e actividades que se levan a cabo ao longo do curso : traballos no horto, reciclaxe , alimentación saudable, coidado do medio e recreación da nosa tradición. 
  O mercado desenvolve a súa actividade en diferentes postos que amosan produtos do horto, artesanía, milagres da natureza ( o mel , o pan , o aceite) , obradorios de maquillaxe, marcapáxinas, cociña caseira, o liño(desde o cultivo a súa transformación ). 
  Unha chea de aprendizaxes na que os alumnos e alumnas desenvolven  as competencias clave nun ambiente lúdico , no que ademais expresan a súa creatividade e expresión cultural interpretando , coa música e a danza, varias pezas tradicionais de Galicia. 

 

  Mestres e alumnos animan o mercado :

viernes, 8 de junio de 2018

Educando con Malibú

Participamos dunha xornada de concienciación e sensibilización sobre a importancia de coidar as mascotas e a necesidade de adoptar.

miércoles, 6 de junio de 2018

Surf en Esteiro

O alumnado de 5º participou nunha xornada de iniciación ao surf na praia de Esteiro

jueves, 10 de mayo de 2018

De excursión por Chavín

O alumnado de 6º dedicou hoxe unha parte da mañá á observación directa da flora da contorna , visitando Chavín ( nos arredores de Viveiro) . Alí , da man das súas titoras e de Carlos Nuevo Cal , puideron ver e aprender un pouco máis sobre árbores, follas, herbas, o eucaliptal das árbores máis altas de Europa e outras curiosidades da natureza e descubrir o funcionamento da antiga central de Hidrofersa . Axudáronse da guía de campo elaborada no Colexio sobre árbores autóctonas .

miércoles, 9 de mayo de 2018

CAMIÑO DE SANTIAGO

Convivencia entre pais, nais, mestres, mestras e nenos e nenas. Unha ocasión para compartir . Bo camiño!
Símbolos , igrexas, pallozas, mosteiro, muíños , casas ....( pincha no álbum) ÁLBUM ARQUITECTURA NO CAMIÑO Camiñamos en dúas etapas : pola mañá, desde Triacastela a Samos e , pola tarde , desde Liñares ao Cebreiro . Sempre acompañados dunha natureza viva ,con árbores , ríos, montaña ,...

martes, 8 de mayo de 2018

Encontro con Ramón Blanco

Na súa breve estancia en Viveiro, visitounos o mestre dos sete cumes , D. Ramón Blanco . O seu maxisterio de vida deberá servir para que os nosos alumnos e alumnas manteñan sempre vivos os valores da ilusión , a perseverancia, o esforzo, a constancia,.. . Animounos á lectura ,contestou ás súas preguntas e curiosidades e fixo sencillas reflexións cheas de sabiduría . Recollemos dúas destas reflexións e con elas fixemos unha pegatina que levaron todos os nenos e nenas en recordo desta importante visita. " Vive el momento, lo demás es cuento" " Si lo intentas, haces más de lo que piensas "

martes, 24 de abril de 2018

miércoles, 18 de abril de 2018

Plantacións primaverais

O noso horto está recuperando o seu verdor ; os nenos máis pequenos foron os encargados de plantar amorodos que se comprometen a coidar con esmero.

viernes, 23 de marzo de 2018

Día da árbore e a auga

Neste día no que resaltamos de maneira especial a importancia das árbores e a auga como elementos básicos e imprescindibles da natureza , foron varias as actividades levadas a cabo no noso Colexio : - Plantación de salgueiros e tuyas no noso patio , para enriquecer este entorno educativo do que podemos disfrutar cada día . Fixérono os alumnos e alumnas de 1º e 2º nivel. - Busca no patio dos pradairos , localización e sinalización con carteis ; tamén se encargaron oas nenos e nenas de 1º e 2º . - O alumnado de 5º estivo na Biblioteca elaborando unha árbore de libros , cunha parte dos exemplares chegados ao Centro por xentileza da Deputación e antes de que pasaran ás aulas e as casas onde van ser lidos polos alumnos , mestres e familias. - Hai outras dúas actividades que están en proceso debido á falta de tempo e que son : - Gincana polo patio para recoñecer e observar as diferentes especies árbóreas - Elaboración dunha guía de campo sobre as árbores autóctonas de Galicia , coa participación de todo o alumnado. 

 
Mellorando o entorno

( pica na lenda)

miércoles, 21 de marzo de 2018

Alumnado de 6º, de excursión en A Coruña

O alumnado de sexto estivo de excursión visitando o MUNCYT, castelo de San Antón e Monte de San Pedro . Aprender nas visitas a estes espazos é outra fórmula que contribúe á difusión da ciencia e do patrimonio científico e cultural . Para o recordo quedan estas imaxes

martes, 13 de marzo de 2018

Nenos e nenas de Primeiro e Segundo ,de excursión .



  Todo o alumnado de Primeiro e Segundo visitaron o heliporto de Celeiro e disfrutaron dunha xornada ao aire libre , na que conviviron, compartiron e aprenderon .
  






viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Chegou Don Entroido e con el a festa . Recreamos diferentes oficios tradicionais , en consonancia co PDI do presente curso . Transformámonos en labregos, gandeiros, mariñeiros, ferreiros, costureiras e panadeiros. Degustamos unha chocolatada con diferentes doces propios da época e , con moita enerxía, fixemos un desfile , acompañado por música e danzas . Entroido 2018 on


PhotoPeach


 Pica se queres ver o álbum

 





Se te queres divertir Alumnos de Sexto Entroido 2018 from Bibliolois on Vimeo.

jueves, 8 de febrero de 2018

Visita ao super

Continuando e afondando na busca do coidado da saúde e do medio , hoxe tivemos unha nova xornada na que o alumnado de 5º participou , convidados por Eroski,no programa Coñece o teu super . Dentro da aula , Eva encargouse de darnos boísimas explicacións que , xunto cunha adecuada proxección audiovisual ,de seguro nos servirán para mellorar as nosas prácticas con respecto ao coidado na alimentación e a unha boa contribución na reciclaxe dentro e fóra do fogar. Despois fixemos a visita ao super , as súas seccións, aprendemos como se protexen os traballadores con máis riscos e a importancia de escoller os produtos de calidade que precisamos para a nosa alimentación . Rematamos cunha merendola exquisita e preparada con moito agarimo e creatividade, tampouco faltaron os xogos para recoñecer froitas e verduras a través de diferentes sentidos e fixéronnos un agasallo. Visita o super on PhotoPeach

viernes, 19 de enero de 2018

Exercicio físico= vida saudable

Ao aire libre practicando acrosport : diversión , exercicio, esforzo, ...Ánimo!