viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Chegou Don Entroido e con el a festa . Recreamos diferentes oficios tradicionais , en consonancia co PDI do presente curso . Transformámonos en labregos, gandeiros, mariñeiros, ferreiros, costureiras e panadeiros. Degustamos unha chocolatada con diferentes doces propios da época e , con moita enerxía, fixemos un desfile , acompañado por música e danzas . Entroido 2018 on


PhotoPeach


 Pica se queres ver o álbum

 





Se te queres divertir Alumnos de Sexto Entroido 2018 from Bibliolois on Vimeo.

jueves, 8 de febrero de 2018

Visita ao super

Continuando e afondando na busca do coidado da saúde e do medio , hoxe tivemos unha nova xornada na que o alumnado de 5º participou , convidados por Eroski,no programa Coñece o teu super . Dentro da aula , Eva encargouse de darnos boísimas explicacións que , xunto cunha adecuada proxección audiovisual ,de seguro nos servirán para mellorar as nosas prácticas con respecto ao coidado na alimentación e a unha boa contribución na reciclaxe dentro e fóra do fogar. Despois fixemos a visita ao super , as súas seccións, aprendemos como se protexen os traballadores con máis riscos e a importancia de escoller os produtos de calidade que precisamos para a nosa alimentación . Rematamos cunha merendola exquisita e preparada con moito agarimo e creatividade, tampouco faltaron os xogos para recoñecer froitas e verduras a través de diferentes sentidos e fixéronnos un agasallo. Visita o super on PhotoPeach