jueves, 22 de mayo de 2014

Reparto de froita no punto de AliméntaT ben

Hoxe o reparto de froita levouse a cabo no punto de Aliméntate ben . O alumnado de 2º A encargouse de ir dando a froita a tod@s os compañeir@s . Eles moi contentos e con moita orde foron animando e entregando dous albaricoques a cada un . O mural creado aínda está sen rematar , pero a ilusión por estrear este espazo era xa moita. Reparto de froita en AliméntaT ben on PhotoPeach

martes, 20 de mayo de 2014

Aliménta T ben

Na parede do almacén do pavillón xa temos un punto de alimentación sana . O alumnado de 2º A e 5º B , con Carlos e Ángeles , construiron un fermoso mural que hoxe ( aínda sen rematar ) xa loce no Colexio. Sobre unhas figuras debuxadas en madeira, os nen@s , dirixidos e axudados polos seus mestres , deron colorido a diferentes alimentos : froitas, peixe, leite e bocata. Tamén construiron o lema do programa AliméntaT ben . É un dos traballos que tiñan previstos para este derradeiro trimestre . Outra forma de sensibilizar na importancia das prácticas saudables e construir unha alimentación moi artística. Pintando na aula

III Semana de reparto de froita

Comezou onte a III semana de reparto de froita . A primavera chegou cargada de saborosas froitas que fan os recreos máis alimenticios . Xa todos están esperando a froita de cada día , algúns porque lles gusta e outros porque queren probar. Hoxe tocoulle o turno á divertida cereixa . Chea de colorido encheu os cucuruchos que algúns fabricaron na aula para baixar comelas ao patio.

jueves, 15 de mayo de 2014

Merenda cun prato típico

Como non podía ser doutra maneira , ao remate do camiño, merendamos . Foi cun prato típico de Arzúa : o seu queixo . Así tamén aproveitamos para traballar os produtos con denominación de orixe .

Máis sobre o CAMIÑO

Unha froita na metade da mañá , axúdanos a continuar con forza. O noso alumnado , despois de tres anos repartindo froita na escola , está moi sensibilizado coa súa importancia . Á hora do xantar , tamén constatamos que os nosos nen@s saben moito dunha alimentación adecuada. Camiñantes a Santiago on PhotoPeach

miércoles, 14 de mayo de 2014

O camiño de Santiago Melide- Arzúa - curso 2013-2014

Facer a pé unha etapa do camiño de Santiago forma parte da nosa programación de actividades para o fomento de boas prácticas e hábitos saudables . A etapa do presente curso comezou en Melide e chegamos ata Arzúa . Entre os obxectivos que se plantexan están : - Comprender que manter o hábito de camiñar é moi recomendable - Contactar coa natureza , que mostra agora o seu esplendor primaveral - Observación directa de árbores e outras especies , tanto animais como vexetais - Apreciar a diversidade e riqueza do camiño e as xentes que por el se atopan . - Ver as diferentes manifestacións artísticas que hai todo ao longo do camiño , tanto en monumentos arquitectónicos , como outras máis pequenas : fontes, cruceiros, pazos , ... - Degustar algún prato típico e saudable propio da zona pola que pasamos , o queixo de Arzúa . Viaxamos en autobús de Viveiro ata Melide , pero antes ... un alto para descansar. Comezamos cun percorrdio arredor da igrexa de Santa María de Melide , escoitando as explicacións do mestre Carlos Nuevo sobre esta xoia arquitectónica do románico . A continuación empezamos a camiñar.

viernes, 9 de mayo de 2014

Para aprender máis sobre compostaxe

Traballando sobre o xardín meteorolóxico- Meteoescola

O alumnado de 3º A estivo durante todo o curso recollendo datos no xardín meteorolóxico para observación directa, transformación de datos, elaboración de gráficas e sacar conclusións vendo como inflúe a climatoloxía nos cultivos do horto escolar , no que participaron e particiàn activamente.