O alumnado de 6º visitou hoxe a capital da provincia ; alí aprenderon nas instalacións do Progreso . Estiveron moi atentos descubrindo como é a rotativa, o seu funcionamento e unha chea de curiosidades.
Máis tarde puideron dar un breve paseo polo casco histórico da cidade e remataron a excursión en Outeiro de Rei , na casa-museo de Manuel María , onde tocou aprender e lembrar un pouco máis da vida e obra do poeta da Terra Cha.