lunes, 1 de octubre de 2018
Novo curso, novas actividades
Na busca dunha educación integral , tratamos de ofrecer ao noso alumnado un nutrido grupo de actividades complementarias e extraescolares que inciden directa ou indirectamente no currículo e que axudan a configurar cidadáns e cidadás do futuro .
A nosa primeira actividade foi a visita á exposición Vivemar , que se desenvolveu en tres espazos diferenciados do noso Concello e achegou ao noso alumnado ao mundo do mar:
Artes de pesca, na que viron de cerca e moi ben explicadas as diferentes artes pesqueiras ;
Exposición fotográfica que mostraba diferentes lugares de Viveiro mirando a ese Cantábrico que nos baña e dá vida . En esta mostra de fotografías apreciamos a evolución dun pobo e comprobamos como o ser humano modifica a paisaxe.
Por último, visitamos unha exposición de maquetas de barcos , na que nos explicaron unha chea de curiosidades e datos técnicos sobre os diferentes tipos de embarcacións, usos e outros detalles.