jueves, 10 de mayo de 2018

De excursión por Chavín

O alumnado de 6º dedicou hoxe unha parte da mañá á observación directa da flora da contorna , visitando Chavín ( nos arredores de Viveiro) . Alí , da man das súas titoras e de Carlos Nuevo Cal , puideron ver e aprender un pouco máis sobre árbores, follas, herbas, o eucaliptal das árbores máis altas de Europa e outras curiosidades da natureza e descubrir o funcionamento da antiga central de Hidrofersa . Axudáronse da guía de campo elaborada no Colexio sobre árbores autóctonas .