Mellorando o entorno ( pica na lenda) |
viernes, 23 de marzo de 2018
Día da árbore e a auga
Neste día no que resaltamos de maneira especial a importancia das árbores e a auga como elementos básicos e imprescindibles da natureza , foron varias as actividades levadas a cabo no noso Colexio :
- Plantación de salgueiros e tuyas no noso patio , para enriquecer este entorno educativo do que podemos disfrutar cada día .
Fixérono os alumnos e alumnas de 1º e 2º nivel.
- Busca no patio dos pradairos , localización e sinalización con carteis ; tamén se encargaron oas nenos e nenas de 1º e 2º .
- O alumnado de 5º estivo na Biblioteca elaborando unha árbore de libros , cunha parte dos exemplares chegados ao Centro por xentileza da Deputación e antes de que pasaran ás aulas e as casas onde van ser lidos polos alumnos , mestres e familias.
- Hai outras dúas actividades que están en proceso debido á falta de tempo e que son :
- Gincana polo patio para recoñecer e observar as diferentes especies árbóreas
- Elaboración dunha guía de campo sobre as árbores autóctonas de Galicia , coa participación de todo o alumnado.