jueves, 8 de febrero de 2018
Visita ao super
Continuando e afondando na busca do coidado da saúde e do medio , hoxe tivemos unha nova xornada na que o alumnado de 5º participou , convidados por Eroski,no programa Coñece o teu super .
Dentro da aula , Eva encargouse de darnos boísimas explicacións que , xunto cunha adecuada proxección audiovisual ,de seguro nos servirán para mellorar as nosas prácticas con respecto ao coidado na alimentación e a unha boa contribución na reciclaxe dentro e fóra do fogar.
Despois fixemos a visita ao super , as súas seccións, aprendemos como se protexen os traballadores con máis riscos e a importancia de escoller os produtos de calidade que precisamos para a nosa alimentación .
Rematamos cunha merendola exquisita e preparada con moito agarimo e creatividade, tampouco faltaron os xogos para recoñecer froitas e verduras a través de diferentes sentidos e fixéronnos un agasallo.
Visita o super on PhotoPeach