Achegámonos á praia de Covas na celebración do Día Mundial dos Océanos para lembrarlle ao mundo a importancia que teñen e as consecuencias que a actividade humana pode ter sobre eles.
Distribuídos por grupos , de maneira simbólica, fíxose unha recollida de lixo na praia para descubrir que tipo de lixo aparece e non debería estar aí . Rematamos cuns consellos, unhas reflexións e unha danza mariñeira.