viernes, 7 de abril de 2017
XOGOS POPULARES 2017
Está mañá tivo lugar unha nova edición do" Día dos xogos populares " . Trátase dunha xornada de convivencia lúdica , na que todo o alumnado sae ao patio e , a través dun circuíto de 17 estacións, vai facendo un percorrido participando nos distintos xogos que van aparecendo :
xogos para pensar, de puntería, de equilibrios, de velocidade, de coordinación , , ... que poñen en práctica diferentes habilidades e destrezas . Tamén compartimos un recreo saudable comendo un bocata de xamón e queixo , acompañado da bebida máis refrescante (auga).
Podedes ver algunha imaxe e , á volta de vacacións , teremos máis.