Unha alimentación saudable ten o seu comezo na contorna .
O alumnado de primeiro e segundo nivel disfrutaron hoxe dun bocata de saúde.
Puideron comprobar como , ademais da froita ( á que xa están bastante acostumados no recreo porque levamos varios anos participando no programa de reparto de froita ) , a natureza agasállanos cun montón de froitos da horta e do mar .
Con estos produtos fixemos hoxe o noso bocata , disfrutando dun extraordinario sabor e , ao mesmo tempo, incluíndo moitos e variados nutrintes na nosa dieta.
A nosa actividade empezou no horto escolar , recollendo as leitugas que comeríamos máis tarde . Así descubrimos que o bo está cerca, conseguímolo cun pouco de esforzo e cariño . Tamén as conservas que ofrece o mar que nos baña formaron parte da merendola.