Tamén nesta semana de novo voltou a froita ao cole , polo tanto nos recreos ....SAUDABLEMENTE , CON FROITA .
lunes, 18 de abril de 2016
UN HORTO PRIMAVERAL
Os nenos e nenas das diferentes aulas, despois dun longo inverno, xa empezaron coas plantacións . Antes fíxose abono natural , reciclando restos de froita consumida nos recreos e céspede. Tamén no invernadoiro foron medrando algunhas sementes . Son agora as plantas novas as que van dar froitos nas distintas parcelas . Con eses e outros produtos intentaremos montar o noso tradicional mercado ecolóxico, aló polo mes de xuño. Cando imos á parcela , tamén aproveitamos para observar outros aspectos que dan testemuño da chegada da primavera : vermes en busca de algo que levar á boca, brotes novas nas árbores, paxariños que nos alegran cantando .
Tamén nesta semana de novo voltou a froita ao cole , polo tanto nos recreos ....SAUDABLEMENTE , CON FROITA .



Tamén fixemos unhas casetas para os paxariños . A ver se temos sorte e aniñan .

Tamén nesta semana de novo voltou a froita ao cole , polo tanto nos recreos ....SAUDABLEMENTE , CON FROITA .
Etiquetas:
alimentación saudable,
convivencia,
exercicio na natureza,
Natureza