Coincidindo coa II semana de reparto de froita, o Centro organizou unha conferencia sobre a Boa alimentación. A encargada deste acto foi a nai dunha alumna , a Dra. Celsa Pérez , especialista en Alergoloxía .
Foron invitados todos os mestres /as, pais/nais e alumn@s . De maneira moi clara , tivemos oportunidade novamente de aprender e concienciarnos da importancia do tema para a nosa saúde. Moitas grazas pola colaboración .