Hoxe chegou o día para a celebración desta actividade tan lúdica e tan didáctica . Desde a entrada ao cole pola mañá , o patio xa estivo animado : un grupo de nen@s ofreceron un pasa-rúas arredor do patio con gaita, tambores, bombo , acordeón e outros instrumentos .
Máis tarde, sobre as 11.30 , todos os alumn@s e mestres saímos a visitar este mercado tan peculiar , tan noso e tan ecolóxico . Houbo algo de todo :
- obradoiros de barro e pequenos xoguetes de madeira
- posto de exposición de libros editados na biblioteca e outros para sortear
- exposición dos produtos do horto , verduras e hortalizas
- plantas aromáticas no cole
- sementes
- " Miragres da natureza " , unha exposición que explicaba o proceso de elaboración do pan , desde a espiga ás fariñas de diferente variedade e ao pan xa preparado para comer .
- Tamén houbo dous despachos , un de froita ( coincidindo coa última semana de reparto ) e outro onde se deu a todos e todas unha pulga de pan .
Moitos mestres , alumn@s e pais / nais ataviados para a ocasión e soteo de lotes dos produtos en exposición .
Tampouco faltou a música , novamente os escolares máis maiores e os máis pequenos ; uns coa música tradicional de Galicia e os pequerrechos coas danzas .
Moito traballo nas aulas para poder facer esto fóra e agora van tocar novas aplicacións didácticas para plasmar o aprendido por observación e experimentación .
Quedan moitas imaxes para o recordo .