martes, 20 de mayo de 2014
Aliménta T ben
Na parede do almacén do pavillón xa temos un punto de alimentación sana . O alumnado de 2º A e 5º B , con Carlos e Ángeles , construiron un fermoso mural que hoxe ( aínda sen rematar ) xa loce no Colexio.
Sobre unhas figuras debuxadas en madeira, os nen@s , dirixidos e axudados polos seus mestres , deron colorido a diferentes alimentos : froitas, peixe, leite e bocata. Tamén construiron o lema do programa AliméntaT ben . É un dos traballos que tiñan previstos para este derradeiro trimestre . Outra forma de sensibilizar na importancia das prácticas saudables e construir unha alimentación moi artística.
Pintando na aula