viernes, 11 de abril de 2014
VI EDICIÓN DOS XOGOS POPULARES
Na última xornada escolar deste 2º trimestre celebramos unha festa tan saudable como o título do noso blog . A festa dos xogos populares , algo tan festivo e tan escolar , que nos axuda a medrar en saúde e en convivencia . Toda a comunidade educativa participou no patio , a través dun circuíto distribuído en 17 estacións , facendo un percorrido por:
1- malabares
2- a chiola
3- a porca
4- pato , pato , oca
5- as casiñas
6- a mariola
7- as pedras
8- a chave
9- zancos
10- al pavo, pavito
11- os pés quedos
12- palma corrida
13- equilibrios
14- aros
15- combas
16- puntería
17- a carrapucheiriña
E ademais , complementamos o exercicio cunha correcta alimentación , grazas a colaboración da Anpa.
VI Edición dos xogos populares on PhotoPeach
mamás e profes preparando os bocatas para o recreo