martes, 25 de febrero de 2014
Charla informativa
Esta mesma tarde contamos de novo na biblioteca coa colaboración especial do pai e a nai de dous alumn@s : Óscar Vizcaíno e Fernanda Martín . Foi todo un luxo escoitalos e aprender con eles interesantes leccións sobre o mar e os seus produtos , a evolución da acuicultura , como técnica de progreso fronte aos abusos da pesca . Da man deles puidemos aprender un montón de curiosidades sobre as distintas maneiras de conservar , empaquetar e facer chegar os produtos do mar ás nosas casas , sen perder un ápice de calidade. Por enriba agasalláronnos cunha abundante degustación de mariscos e pescados das nosas rías. Un montón de grazas.
Aprendemos sobre acuicultura on PhotoPeach