Os nen@s de quinto participaron hoxe do programa Mariñeiros por un día, ofrecido pola Cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro .
Visitaron as distintas instalacións relacionadas co mundo do mar e da pesca : lonxa, base de salvamento marítimo e Cofradía .
Fixeron un percorrido pola lonxa , descubrindo entre outras cousas :
- a forma de entrar as caixas de pescado na lonxa
- a diferenza entre unha merluza do pincho ou do arrastre
- outras clases de peixes e mariscos presentes na lonxa
- os viveiros
- sala de xeo
- pesado e etiquetado de caixas
- tren de lavado
Na base de salvamento marítimo tiveron a portunidade non só de aprender senon tamén de experimentar novas sensacións :
- subiron ao helicóptero
- descubriron como se leva a cabo un labor de salvamento
- que ferramentas e utensilios son imprescindibles
- e o máis emocionante... viviron un simulacro de rescate
Tamén na Cofradía seguiron aprendendo :
-distintas artes e aparellos de pesca,
- a importancia de incluír o peixe nunha dieta saudable
- as vestimentas típicas dos mariñeiros
- un oficio relacionado intimamente co mundo do mar : as redeiras.