martes, 10 de diciembre de 2013

I CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DO COIDADO DO PATIO

O alumnado de 5º e 6º , despois de asistir a un taller ofrecido por Sogama , onde aprenderon como separar , reutilizar e reciclar ; elaboraron nas distintas aulas unha presentación sobre como mellorar e coidar o noso patio . Invitaron ao alumnado de primeiro ciclo e mostráronlle o seu traballo . A modo de pequeno conto explicaron como se pode manter o colexio bonito con sinxelos hábitos e prácticas . Despois os nen@s do primeiro ciclo fixeron un debuxo do colexio para elaborar unha pegatina e regalala aos nen@s de terceiro ciclo . Un intercambio de experiencias interciclos .